Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A música no Barroco I: vocal
J. S. Bach
Esta época caracterízase polos constantes conflictos de todo tipo que dexeneraron na coñecida Guerra dos Trinta Anos. A arte daquel momento é un fiel reflexo da realidade de desordes.

Agora empregarase como recurso compositivo a harmonía, en lugar da polifonía renacentista e o uso da disonancia será xeral como recurso expresivo. Aparece unha clara disociación entre a música vocal e instrumental e é o momento no que nace a orquestra. Unha característica moi clara desta época é o ritmo moi marcado que leva un instrumento ou grupo de instrumentos graves (violonchelo ou contrabaixo) ou de tecla (clave) denominado baixo contínuo.

A música barroca, ao igual que o resto das manifestacións artísticas, é moi expresiva e a búsqueda do adorno, da artificiosidade, das complicacións supérfluas e sen sentido é unha constante.

Italia será o país donde a música alcance maior popularidade neste período e tamén o lugar do cal saian as produccións musicais de maior insterese do momento.

Algunhas das formas musicais máis importantes que aparecen ou se desenvolven son a ópera, o oratorio, a paixón e a cantata a nivel vocal e a sonata, a suite e o concerto a nivel instrumental.

A ópera é unha forma musical que xurde durante a última etapa do Renacemento en Italia, aínda que o seu desenvolvemento ten lugar no Barroco e adquire importancia e difusión no Romanticismo. Ten dúas características esenciais, unha é que se trata de música dramática (cun argumento que se representa) e é sempre de temática profana. Está interpretada por un ou varios solistas, un coro e unha orquestra que actúan alternativamente para crear una rica variedade estética. As principais partes da ópera neste período son a obertura, que é un fragmento instrumental interpretado pola orquestra ao comezo e indica o inicio da representación. Os coros son pezas interpretadas, como o seu nome indica, polo coro que está acompañado pola orquestra. As arias son fragmentos nos que o solista ou os solista interveñen acompañados pola orquestra e teñen un marcado carácter lírico. Característico da ópera é o recitativo que é unha parte que se interpreta a medio camiño entre o falado e o cantado. Entre cada unha das partes soe haber intermedios ou interludios que son seccións interpretadas pola orquestra.
O oratorio é unha forma vocal de orixe italiano que se caracteriza porque nunca se representa e o seu argumento é sempre relixioso (oposto á ópera). Os intérpretes e as partes son as mesmas que na ópera. Semellante á opera e ao oratorio é a paixón que ten como principal característica que o seu argumento é sempre a paixón e morte de Cristo. A cantata é unha forma menor, ao contrario da ópera, o oratorio e a paixón, debido a que é moito máis breve que as anteriores e ten carácter libre, é o autor o que determina tanto os intérpretes como a temática e a estructura. Poden intervir un ou varios solistas, un coro e instrumentos (desde un pequeno grupo ata unha orquestra). Se é relixiosa denomínase cantada de igrexa e se o tema é profano recibe o nome de cantata de cámara.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 09-02-2009 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0