Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pancho de Martín
Este, se cadra, podería ser o Pepito, de Panchiño"Equis particularmente": así comezaría o texto se o relatara Panchiño de Martín, un "caminero da reputación" (Excma. Deputación Provincial de Lugo) que andaba moitas veces cargado coa batideira e as máis con carga de clarete.
Pancho que vívía nos Muiños de Arriba, era moi amante dos animais. Sendo eu neno tiña un can que se chamaba Andarín, pero xa tivera outros animais de compaña como a galiña Cocó, que o acompañaba cando saía de chatos pola vila, ou o cocho Pepito, o cal acabou en chourizos e en fonte de inspiración para O Pallarego, quen lle compuxo unha canción que dicía así:

Pancho matou o Pepito.
Pancho matou o Pepito
e en vez de pagar arbitrios,
aindivo de porta en porta
repartindo nos chourizos.
Andivo de porta en porta
repartindo nos chourizos.

Esta non é máis que unha pequena anécdota das moitas que se produciron ao longo da vida de Panchiño, se che recordas algunha -sobre este personaxe ou sobre calquera tema mindoniense- e che presta, podes remitila ao seguinte enderezo electrónico: fbouso@edu.xunta.es
Comentarios (0) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 26-12-2008 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0