Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Fundación Álvaro Cunqueiro
nº 88 14/11/2017
LVG-AM e RV

Ilustración: Antón Caxoto
Texto: Fran Bouso


Hai agora dez anos que Enrique Cal Pardo tomou a firme decisión de presentar a súa renuncia a presidir a fundación que leva o nome do autor de «Merlín e Familia», foi por estas datas de novembro do ano 2007. Cal Pardo foi o primeiro e único presidente que tivo a organización desde a súa formación. En 2018 cumpriría 20 anos de existencia. A institución deuse a coñecer en público o 28 de febreiro de 1998 durante a celebración dun acto no que tamén se fixo entrega do IV Premio de Narrativa Álvaro Cunqueiro que convocaban conxuntamente os concellos de Vigo e Mondoñedo. Marilar Aleixandre, a miña profesora de Didáctica da Ciencias Experimentais na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, fora a galardoada pola súa novela «A compañía clandestina de contrapublicidade».
Rábade Paredes, con «Branca de Loboso» acadara a distinción na primeira convocatoria do certame que tiña unha periodicidade bianual; «Xente de mala morte», de Alfonso Álvarez Cáccamo foi o seleccionado no 1993; «Os moradores da nada», de Xabier Lama obtivo o recoñecemento dous anos máis tarde e Antón Riveiro Coello foi o gañador da -polo momento- última edición que se fallou en Mondoñedo no 1999 e foi entregado en no Pazo de Castrelos de Vigo no 2000.
É certo que o Premio de narrativa Álvaro Cunqueiro xa nacera con anterioridade á creación da fundación homónima e un podía vivir sen a outra ou viceversa. Agora teñen algo en común, ademais do nome: están en ?standby? agardando a que alguén os reactive.

Don Enrique Cal Pardo, o presidente

Don Enrique, home traballador e modesto, renunciou á presidencia da fundación alegando que, ?esa fundación non funciona e para estar aí de nome, nada; precisa xen
te nova que dinamice todo. Eu fun presidente cos alcaldes Loira e Rego, pero que vai facer un presidente cando o vicepresidente é un alcalde??.

A comisión da Fundación

A Fundación Álvaro Cunqueiro foi moi activa nos últimos anos do pasado milenio e os dous primeiros do século XXI, especialmente unha comisión integrada porlos profesores e escritores Antón Meilán, César Morán, Ramón Reimunde, Manolo Lourenzo e Xé Freyre -agardo non esquecerme de ninguén, tomo como referencia a acta da reunión celebrada o 30 de decembro de 2000-.
Eu mesmo formaba parte desa comisión como representante do Concello de Mondoñedo en calidade de Técnico de Cultura. A ruta turístico-cultural A cidade de Cunqueiro, da que se editaron uns folletos desplegables co itinerario e textos de Cunqueiro referidos a cada unha das paradas así como as placas que figuran aínda hoxe nelas, deseñouse no seo desa mesa de traballo precisamente. As xornadas adicadas ao autor de «As crónicas do sochantre» de setembro do 2001 tamén se forxaron na referida comisión, así coma outras moitas activades culturais que serviron para conmemorar o 80 aniversario do nacemento de Cunqueiro Mora.

O 2021, á volta da esquina

O ano 2021 está, coma quen di, á volta da esquina e para que daquela a maquinaria da Fundación Álvaro Cunqueiro estea a pleno rendemento, é fundamental que non se tarde en facerlle unha posta a punto que permita o arranque do motor. Virán acontecementos importantes, sen dúbida (o propio museo adicado ao noso escritor mindoniense, tamén universal, na mesma Praza da Catedral).
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 29-11-2017 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0