Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aquel cine educativo en Mondoñedo
Serie: Mondoñedo de cine
nº 78 05/09/2017
LVG-AM e RV

Ilustración: Antón Caxoto
Texto: Fran Bouso


Chegou setembro e con el o arranque dun novo curso académico no que se presentan, entre outros recursos, as novas tecnoloxías como ferramentas para a mellora da calidade educativa. Robots, ultraportátiles, actividades interactivas ou encerados electrónicos son hoxe ferramentas tecnolóxicas aplicadas ao ensino ao igual que o era o cine a mediados do século pasado. O profesorado do instituto de Mondoñedo tivo interese, desde os seus inicios, no aproveitamento pedagóxico do cinema. O Instituto laboral, dirixido por Francisco Mayán Fernández, organizaba con diferente periodicidade proxeccións didácticas para o seu alumnado. Celebráronse os pases no «Cine Pacheco» ata que o centro dispuxo dun salón de actos e sala de proxeccións cinematográficas. No número 2 de «Mondoñedo: Boletín de información del Centro de Enseñanza Media y Profesional» publicado o 6 de abril de 1954 recóllese a seguinte información: «Aún cuando todavía no hemos recibido el aparato proyector, que ha de sernos enviado de Madrid, han continuado las sesiones de cine educativo; esta vez sobre cerámica moderna y escuelas profesionales en el extranjero». Na citada cabeceira aparecían, de vez en cando, crí
ticas literarias, teatrais e cinematográficas que escribían os alumnos do centro. Antonio Rodríguez Carballo, alumno de segundo, escribía no 54: «La temporada de verano es siempre mala para el cine; solamente algunas películas y estas muy mediocres o malas del todo». Pedro Alonso Maañón, profesor interino, sinala nun artigo publicado o 12 de outubro de 1954 que: «Los modernos medios de difusión, especialmente el cine y la radio, permiten influir sobre la inteligencia y voluntad de muchos individuos a la vez y con poco esfuerzo. Bien utilizados pueden servir como instrumentos eficaces de cultura y de enseñanza». Cara finais de 1954 proxectouse no «Cine Pacheco» para o alumnado do Instituto a película «Jeromín», un filme inspirado na novela homónima de Luis Coloma no que se loa a figura de Carlos V. Ese mesmo día tamén se pasaron imaxes sobre as rías galegas e pontes e pantanos estatais. No primeiro trimestre de 1955 proxectouse unha serie de catro películas sobre cuestións de xeografía e industrialización que foran remitidas polo Ministerio de Educación. A Casa Americana de Madrid mandou naqueles meses filmes didácticos sobre millo híbrido, a colonización no oeste de EEUU, a vida de Eisenhower e a actualidade norteamericana. Cando a temática o recomendaba, ás sesións de cine era convidado o alumnado
das Escuelas Nacionales, como aconteceu o día de San Rosendo de 1955. As proxeccións continuaron nos seguintes cursos.
Comentarios (0) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 28-11-2017 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0