Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De río a Río
Serie: Mondoñedo de cine
nº 76 22/08/2017
LVG-AM e RV

Ilustración: Antón Caxoto
Texto: Fran Bouso




Del Miño al Bidasoa é un libro de viaxes de Camilo José Cela publicado pola editorial catalá Noguer en decembro de 1952 no que se narran as peripecias dun vagabundo que inicia no Condado (Pontevedra) un camiño que o levará ata as terras navarras regadas polo Bidasoa ou Baztán. A obra ten a súa orixe en trece crónicas publicadas no xornal madrileño ?Pueblo? en novembro de 1948 nas que o de Padrón describe unha viaxe que el mesmo fixera o verán anterior. José Briz Méndez dirixiu a adaptación audiovisual deste libro de Cela no ano 1990. O documental de aventuras está dividido en cinco episodios nos que Nicolás Dueñas dá vida ao peregrino que percorre a Cornixa Cantábrica. No capítulo 1, titulado ?Trancos galicianos? aparecen lugares de Lindín (min.42) simulando que é Goiriz (Vilalba) e planos do val do Valiñadares (ao que chaman Valadiñares), Igrexa dos Remedios e praza da Catedral. Tamén se rodou no interior da Catedral de onde aparecen tomas das pinturas murais e do órgano.
Nas secuencias seguintes o camiñante visita San Mariño de Mondoñedo (Foz) e Ribadeo. Nesta produción de Televisión Española (TVE) participan entre outros José Antonio Labordeta, que interpreta a un equilibrista e vendedor de viraventos de papel; o veciño Manolo Lourenzo, que fai de Benitiño do Chao, curmán do camiñante e Antonio Ferrandis, que pon a voz en off. O xornalista e poeta Antonio Lucas xunto co fotógrafo José Aymá percorreron este verán o camiño que Cela camiñara 70 anos antes e están a publicar as súas crónicas no xornal para o que traballan baixo o título ?Viaje literario. Del Miño al Bidasoa?. Na segunda entrega os neovagabundos chegan a Mondoñedo, lugar que describen como ?pueblo triste de tradición relojera. Un territorio como sin cuerda, y eso que lo conocemos en fiestas. Hace años que no está Cunqueiro, pero el mismo musgo se mantiene en los tejados?. Lucas fai esta descrición con serenidade, sen ter visitado antes o río Xunco do que o pasado sábado efluían aromas da XXXIX edición da Queimada Popular de Cervo na que o debuxante Caxoto andivo argallando en corpo e alma. Antonio e José
deixáronse levar en Mondoñedo polo embruxo do Merlín Montero ?Un hombre dulce y raro. De modales suaves. Tiene demasiados retratos con
distintos alcaldes que en verdad parecen el mismo. (Eso pasa mucho con los alcaldes)?. Juan Soto escribiu, tamén estes días, desde ?El Garabato del Torreón? nun artigo titulado ?Mas turistas, por favor?: ? Si se trata de hablar de la torpeza de algunas instituciones en materia de política turística, el caso de Mondoñedo, una pequeña y fascinante ciudad repleta de monumentalidad e historia, es altamente ilustrativo. A cuento de Mondoñedo, alguna vez hemos escrito aquí mismo acerca de lo que parece un connatural estado de apatía de las autoridades locales, de hogaño y antaño?.

«Cittaslow»

O que para uns son os beneficios dunha cittaslow para outros é amargura, nunca chove a gusto de todos. O que si é certo é que a choiva vai polos ríos cara o mar e se o Valañidares soa é porque leva auga. E falando de ríos, hai un ano por estas datas estabamos a celebrar que a nosa veciña Susana Rodríguez Gacio ía participar nas Paraolimpíadas do Río.
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 28-11-2017 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0