Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tamén en Internet
Ilustración Antón Caxoto
Serie: Mondoñedo de cine
nº 75 15/08/2017
LVG-AM

Ilustración: Antón Caxoto
Texto: Fran Bouso



Desde o inicio deste verán vimos tratando no Outeiro de Mondoforte cuestións relacionadas co cinema e o audiovisual de Mondoñedo adiantándonos ao recoñecemento que o Grupo fotocinematográfico Fonmiñá fará o vindeiro mes de setembro na XXXIX Semana Internacional do Cine de Autor de Lugo (SICA) ao gran renovador do cine español, o mindoniense Victoriano López García. Aínda quedan asuntos sobre os que escribir nesta travesía que nos levará ata que finalice a estación.

Falamos de Victoriano, o señor do cine; de Zully moreno, a Rita Hayworth arxentina e tamén do seu irmán; de Luís Cayón, que foi guionista, actor e case director; non esquecemos a Cunqueiro nin a Xe Freyre e tampouco aos que hoxe seguen a traballar no audiovisual e teñen o futuro por diante como é o caso de Ruth Chao, Miguel García ou Xián Freire. Ademais dos profesionais, debemos deixar constancia da encomiable labor que realizan algúns mindonienses divulgando vídeos de temática local a través das redes sociais e das diferentes plataformas de internet. Un dos pioneiros foi, o recentemente finado, Jesús Calleja. ?Midonium.es ? el portal de todos los mindonienses? e ?Mondoñedo.net? son outros exemplos neste sentido. Unha das pezas de temática mindoniense máis vistas nos últimos tempos a través da rede é o videoclip da canción de Carmen R. Lage ?Sempre Mondoñedo?.

Pola rede circula o documental ?Martín, o home paxaro?, de Inés Uhía no que se recollen imaxes rodadas en Mondoñedo durante a celebración do Campionato de España de voo libre do ano 1979. Ademais das alas delta e os homes paxaro, aparecen planos do val tomados desde o Padornelo e da zona de aterraxe situada nas instalacións deportivas de ?Viñas da Veiga?. Nas tomas recoñécense a algúns mindonienses entre os que está Carlos Folgueira, ?O Rei das Tartas?, un popular reposteiro que ten sido convidado a moitos programas de televisión, entre os máis destacados está o ?Un, dos, tres?.

Parece interesante o convenio asinado entre a Universidad a Distancia de Madrid e a Rey Juan Carlos co concello de Mondoñedo mediante o cal promoven o grupo de investigación ?Proxecto Retinae? a través do cal pretenden investigar as posibilidades das novas tecnoloxías audiovisuais como a imaxe en 360º, a realidade aumentada ou a virtual misturado todo isto coas posibilidades que ofrecen os avións non tripulados coa finalidade de crear produtos audiovisuais e multimedia que sirvan para a promoción da localidade.

A primeira retransmisión vía streaming realizada desde Mondoñedo tivo lugar o 15 de marzo de 2014 con motivo da XXV concentración mototurística ?Ruta N-634? a través da desaparecida páxina web www.motomondonedo.com.



Enlace ao artigo na edición dixital de La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 21-08-2017 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0