Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ECAR deixou de ser unha fábrica
nº 53 28/02/2017 LVG-AM ILUSTRACIÓN: ANTÓN CAXOTO (Xa fora publicado un ano antes en Radiovoz - A Mariña)



Mañá cumpriranse cinco anos do día escollido para o peche oficial de ECAR, precisamente o día de San Rosendo, patrón de Mondoñedo. As máquinas pararan o 24 de febreiro de 2012, o 28 secouse a suor.
ECAR puxérase en funcionamento hai 51 anos, producía aglomerado de partículas de madeira desde 1966. Inicialmente tiña unha capacidade de fabricación de 12.000 metros cúbicos anuais. A comezos do século XXI multiplicara por dez a súa produción, acadara facturacións que xiraban entorno aos 14 millóns de euros, tiña contratados 85 operarios e ao seu carón medraban pequenas empresas auxiliares, principalmente do sector do transporte de mercadorías por estrada e do metal.
O paso de chave foi no 2012, pero os problemas comezaran unha década antes por mor dun exceso de produción a nivel mundial de taboleiros de aglomerado de madeira e unha demanda que en lugar de aumentar, revía. Problemas para asinar o convenio colectivo, demoras no pago das nóminas e outros xeraron malestar entre os traballadores que realizaron paros ao longo de diferentes períodos. Esta situación mantívose ata o verán do ano 2005 no que Financiera Maderera, S.A. mercou ECAR para transformar a factoría nunha planta de fabricación de compoñentes de mobles.
O cambio de mans supuxo un alivio para os traballadores, as súas familias e para o conxunto da poboación, pero xa houbo quen daquela apuntaba que se trataba dunha estratexia empresarial para eliminar a competencia.
O xoves, 1 de marzo de 2012 Ecar deixou de ser unha fábrica. Un dez por cento dos sesenta e dous operarios que mantiña a factoría nos últimos tempos continuaron ao servizo da empresa en Mondoñedo durante uns meses para realizar tarefas de vixilancia, mantemento e labores diversas e outros -non todos- foron recolocados en factorías que FINSA ten en Rábade ou en Santiago.
Antes e despois do peche de ECAR houbo promesas de crear postos de traballo na contorna, pero a realidade non deixa ver que se producira unha reactivación económica real. No mes de xaneiro de 2015 apareceron titulares nos xornais da comarca informando sobre o uso das instalacións industriais de San Lázaro para a fabricación de ?pellets?. Esta actividade xeraría arredor de 15 postos de traballo directos e dinamizaría a economía local e o tecido produtivo do municipio. Dous anos despois a produción redúcese ao tecido de arañeiras nas, cada vez máis, vellas naves do complexo fabril.
Afortunadamente, na actualidade, FINSA segue innovando e medrando, pero as instalacións de Mondoñedo están pechadas, só unha pequena parte está sendo empregada por unha empresa local.
Hoxe, a imaxe de San Rosendo que coroa o frontispicio da catedral mindoniense segue sen mans. Xa o dixera Francisco Mayán, o que fora director do Instituto de Mondoñedo e Cronista Oficial da cidade: ?Mentres o patrón non teña mans, o avance non será posible?.
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 28-02-2017 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0