Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Poema de amor
nº 51 14/02/2017 RV-AM LVG-AM ILUSTRACIÓN: ANTÓN CAXOTO

En 1382, o escritor inglés, autor dos ?Contos de Canterbury?, Geoffrey Cahucer publicou un poema titulado ?O parlamento das aves? no que se menciona por primeira vez o Día de San Valentiño coma a festa dos namorados. O certo é que na Antiga Roma, xa se celebraba unha festa pagá adicada á fertilidade, a chamada ?Lupercalia?. Esta festa foi prohibida polo Papa Gelasius I, quen instaurou o 14 de febreiro como conmemoración do San Valente.
Para demostrar amor, cariño, amizade ou afecto é bo calquera día e senón que llo pregunten a Alberto Bermúdez, o centrocampista da S.D. Mindoniense que no partido disputado o domingo, 27 de abril do 1997 no Manuel Anxo Cortizo ante o equipo local, o CD Lalín, e logo de ser expulsado polo colexiado, dirixiuse a el, abrazouno e bicouno. Esas mostras de afectividade tan pouco usuais entre futbolistas e colexiados levou a que Alberto fose entrevistado por José Ramón de la Morena no programa radiofónico ?El Larguero?. Durante a entrevista o xornalista preguntoulle ao xogador: ?¿Ahora que te has hecho famosillo, habrás recibido muchas ofertas, no?, ao que Bermúdez respondeu: ?Trabajo en un supermercado y tengo ofertas todos los días?.
De historias de amor está o mundo cheo e esta terra nosa non podería ser menos. Din as linguas que Pedro V de Portugal estivo en Mondoñedo guiado polo amor que profesaba a Manuela Rey, a ?Muller Lirio? e tamén que Afonso VII namorou dunha mindoniense. Froito dese amor, o rei outorgou á antiga Val de Brea o Foro de León mediante o cal se lle concede o título de cidade e o poder para organizar feiras. Así nolo contou Antón Meilán no Pregón das San Lucas do ano 2014.
E hai moitas historias de amor que están por vivir. Un bo lugar para enmarcalas nesta Mariña é o Paseo dos Namorados (Cervo), un sendeiro cuberto de vexetación zumegante de vida no que a música acuática sempre está disposta a poñer banda sonora ao camiño dos amantes.
Sendo hoxe o Día dos Namorados e tendo a orixe que ten, quixera compartir con vostedes o único poema de amor que teño composto:




Amar contra ninguén,
a favor do vento,
diante das sombras,
sumando días.
Apréciote, apréciasme, apreciámonos.
Continuar un camiño de melodías
un andar harmónico de ilusións
esperanzas,
soños.
Deséxote, deséxasme, desexámonos.
Construír sobre base firme
bico a bico como pedra a pedra,
caricia a caricia como paso a paso,
aperta a aperta como soño a soño,
canción a canción.
Quérote, quéresme, querémonos.
Estar sós estando con todos,
poñerse diante o mundo,
mirarse aos ollos
e dicir ?si?.
Ámote, ámasme, amámonos.
Si, quero quererte, quero.
Quero quedarme ao teu carón nun movemento continuo.
Quero camiñar por riba das nubes e non quero quedarme só cando chova.
Quero sentir o son que impulsa o sangue que percorre o teu corpo.
Quero dar vida ao noso amor, vida.




Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 28-02-2017 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0