Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

30 anos do telefilme ?Novo de Parmuide?

nº 48 24/01/2017 RV-AM LVG-AM ILUSTRACIÓN: ANTÓN CAXOTO




Dous anos antes de que o inesquecible Chano Piñeiro rodara ?Sempre Xonxa? (1989); Mondoñedo, Lindín, Vilanova de Lourenzá e Vidán (Santiago) serviran de escenario natural para a gravación da primeira película de ficción que se fixo en Galicia no noso idioma. ?Novo de Parmuide? (1987), unha produción de Galaxia Comunicación -compañía xerme da actual CTV-, foi o primeiro telefilme realizado en galego. Roberto Vidal Bolaño dirixiu este traballo que estaba baseado en textos do xenial Álvaro Cunqueiro.
Esta comedia de 56 minutos de duración (mediametraxe) contou cun elenco integrado por Susana Dans, Manuel Lourenzo (do Valadouro), Victor Mosqueira e Laura Ponte. Na figuración participaron moitos veciños das localidades onde foi gravado. En Lindín, na suposta eira de Novo fixeron de extras Mónica Rubal, Ángela e María del Mar Pardeiro, Antonio Ledo e Roberto Fernández, ademais do coro de nenas integrado por Marián Marian Salgueiro Castro, Mari Carmen Maseda Díaz e Ana Teijeiro. Na praza da Catedral de Mondoñedo, onde se tomaron escenas desde o faiado da casa de Carmiña Cunqueiro, xogaban Belén Bouso Barcia e as irmás Virginia e Soledad González. O mindoniense Ramón González Díaz exerceu como perruqueiro de rodaxe e o veciño de Lindín, Manuel Otero encargouse da carpintería.
Esta primeira experiencia dramática audiovisual, rexistrada en vídeo, foi o capítulo piloto da que sería tamén a primeira serie de ficción producida para a Televisión de Galicia. ?Os outros feirantes? (1989), baseada no libro de semblanzas homónimo do escritor mindoniense, constaba de seis capítulos -ademais do xa mencionado piloto-: ?Hermelina da Ponte?, ?O Verdugo?, ?A orella dereita de Antón de Leivas?, ?Padín de Carracedo?, ?Tristán García? e ?Roque de Goás?.
Se no 2014 lembramos a eclosión do cine galego co 25 aniversario das estreas de ?Sempre Xonxa?, ?Urxa? e ?Continental? e no 2016 vimos de celebrar o centenario da primeira película de ficción feita en Galicia (cinema mudo); non podemos deixar pasar que neste 2017 se cumpren 30 anos da gravación de ?Novo de Parmuide?.
Cunqueiro e o audiovisual
No 2001 Cunqueiro provocaría que outra serie, desta volta ?Terra de Miranda? producida por Voz Audiovisual para a TVG fora gravada en diferentes localizacións de Mondoñedo e a súa contorna ao longo das súas primeiras tempadas.
En vida, Cunqueiro fixo traballos específicos para o cine e a televisión, así o director Guerín Hill rodou en 1966 un documental titulado ?Galicia? no que se facía un percorrido histórico polo noso pais. Nese mesmo ano, o mindoniense escribiu o guión de ?Xantares?, un capítulo pertencente á serie de Televisión Española ?Conozca usted España?.
Tampouco debemos esquecer que no 2011 Antón Dobao dirixiu a adpatación para a gran pantalla da novela cunqueiriana "Se o vello Sinbad volvese ás illas".
Estea ou non rematada neste ano a Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo, non debera faltar neste contedor cultural un lugar para lembrar a vinculación do autor do ?Merlín e familia? co audiovisual, máis aló das súas experiencias radiofónicas.
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 27-01-2017 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0