Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De Mondoñedo tamén se fala en Bruxelas

nº 46 10/01/2017 RV-AM 28/12/2016 LVG-AM ILUSTRACIÓN: ANTÓN CAXOTO




O 7 e o 8 pasado mes de decembro celebráronse no Parlamento Europeo unhas xornadas tituladas ?A situación da cultura galega? nas que participou unha delegación integrada por 65 persoas relacionadas coa cultura do noso país. Nunha mesa de traballo, con presencia de funcionarios da UE, na que se debateron e presentaron varias propostas e reivindicacións da nosa realidade cultural falouse de Mondoñedo.
No momento no que se trataron cuestións relacionadas coa literatura, a poeta Chus Pato realizou unha exposición centrándose na poesía, no seu discurso aludiu, entre outras cousas, á necesidade de celebrar un festival internacional de poesía e moitas outras accións entre as que cabe salientar o impulso dunha vila ou cidade literaria e propúxose a Mondoñedo como lugar ideal para este fin, tal e como me comentou o profesor e escritor Xabier Cordal, membro da comisión.
Desde hai tres anos, a cidade de Cunqueiro, Leiras, Noriega, Mayoral e outros moitos acolle a un festival poético-musical, ?Mondoñedo É... Poesía?, que pode ser o punto de partida para o certame do que falou a poeta en Bruxelas, convoca os premios de poesía ?Díaz Jácome? e ?Leiras Pulpeiro? e o de creación ?Mondoñedo10? ao tempo que celebra un elevado número de activades culturais, especialmente vinculadas ao ámbito literario. En diferentes foros, tense tratado a posibilidade de traballar para que Mondoñedo sexa considerada pola Unesco ?Cidade creativa? e ben podería selo no apartado literario ao igual que o son na actualidade Barcelona , Granada, Bagdad (Iraq), Ljubljana (Eslovenia), Lviv (Ucrania), Montevideo (Uruguay) ou Óbidos (Portugal) e outras moitas en música, artesanía e artes populares, artes dixitais, deseño ou cine, ao longo do mundo.
Desde o pasado mes de xullo, Mondoñedo pertence, como socio fundador, á ?Rede de Cidades e Territorios Creativos de España, isto supón un paso adiante neste camiño cara a un recoñecemento a nivel mundial que dunha vez por todas debéramos tomar en serio.
Ben é certo que as principais preocupacións dos mindonienses na actualidade son a creación de postos de traballo e fixar poboación para que a tendencia demográfica se inverta. Lonxe do que moitos podan pensar, proxectos relacionados coa cultura poden axudar a mellorar as condicións económicas e laborais dos mindonienses ao tempo que permiten manter e mellorar a calidade de vida.
A delegación que viaxou a Bruxelas estaba integrada por persoas dos diferentes eidos da cultura galega, como poden ser do ámbito musical a cantante Uxía Senlle xunto con Santi Cribeiro, Sergio Tannus e Isaac Palacín, o músico de jazz Abe Rábade e varios representantes da Asociación Músicos ao Vivo; o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares; Luís Avilés e César Souto, os directores do documental galego ?Os días afogados?, nominado aos Premios Goya 2017; escritoras e escritores como Chus Pato, Xabier Cordal, Teresa Moure ou Oriana Méndez; membros da Asociación Galega de Editoras; persoas do ámbito teatral como a presidenta de Escena Galega, Belén Pichel, ou o dramaturgo e director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Roberto Pascual; representantes da danza como Ruth Balbís; da comunicación, como Camilo Franco ou María Yáñez; do circo, como Belem Brandido; creadores de videoarte e pintura como Alberto Ardid ou o colectivo Fiinda; membros de asociacións culturais como Senunpeso e Papaventos de Vedra, Xermolos de Guitiriz, de diferentes colectivos de Muimenta, da Chave das Noces de Castroverde; da Fundación Uxío Novoneyra, directivos da Sociedade Antropolóxica Galega e de Mariña Patrimonio e SOS Arte Rupestre Galega; así como xestores e críticos culturais e as deputadas de En Marea no Congreso do Estado español, Alexandra Fernández, e no Parlamento Galego, Ánxeles Cuña e Luca Chao.
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 14-01-2017 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0