Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Filomena Arias Armesto, a sabia de Torbeo
Galicia Encantada, maio de 2013

A Sabia de Torbeo naceu nesta parroquia do concello de Ribas de Sil (Lugo) entre 1865 e 1885. Todo na súa biografía e andanzas é confuso. Dise que de moza marchou con un fillo vivir a Madrid, cidade na que residiu, traballando como criada, ata 1920 ou 1921. Regresou a Torbeo e un día, estando de fiadeiro cos veciños, foi beber auga á fonte da Cruz. Cando volveu xa entrou de costas. Despois botouse ao monte e por aló andou ata que uns homes da parroquia, comandados polo párroco, a foron catar. Trouxérona atada e atada a retiveron a carón de cemiterio mentres o crego lía un texto dun libro para exconsurarlle os cinco "cadelos" (espíritos) que tiña dentro do corpo. Conseguiron tirarlle dous "cadelos"; os outros quedaron para sempre dentro dela. E por culpa deles, cando lle daba o "mal" falaba en castelán. Comezou a exercer de sabia ou curandeira, acadando unha sona enorme por toda Galicia, e por boa parte da península tanto de España como de Portugal. Curaba con plantas e con outros remedios tradicionais, sobre todo con apócemas. Ademais, din os que a coñeceron ou oíron dos seus méritos, tiña poderes que lle permitían saber do paradoiro ou do estado de saúde de persoas aínda que non as coñecese ou que residisen ben afastadas dela. E tamén era consultada para destapar tesouros . Para estes cometidos axudábase dunha medium que ela invocaba chamándolle ?La niña?. Segundo Vicente Risco, a Sabia de Torbeo dicía que cando morrese habíalle deixar o seu poder a unha rapaza de 15 anos, que fose virxe e que se chamase coma ela, Filomena. Mais, que se saiba, non tivo herdeira. Cando entraba en "trance", cando lle daba "o mal" (estado de comunicación co místico ou co paranormal) permanecía deitada na cama e comezaba a ladrar coma os cans por tempo de media hora ou dunha hora. Despois atendía as consultas aínda que normalmente non era preciso preguntarlle pois adiviñaba a pregunta que lle ían facer, e a seguir entraba en detalles sobre as doenza e outras circunstancias do enfermo. Cando comezou a Guerra Civil (xullo de 1936), asegurou que habían gañar os da ?banda dalá? (enténdase os partidarios do goberno lexítimo da República). Como é ben sabido, desta non atinou, perdeu creto e deixou de consultar. Nos últimos anos da súa vida trasladouse a Monforte. Cando osmou a morte pediu que a levasen expirar a Torbeo pero non deu chegado. O 23 de abril de 1938, cando a trasladaban nunha padiola, fóiselle a vida á altura Rairos, lugar do mesmo concello de Ribas de Sil en cuxo cemiterio está enterrado o seu corpo. Nas proximidades da Praza do Piñeiro ou dos Chaos, en Monforte, existe unha casa abandonada onde se di que viviu a nosa Sabia.

__________ 1 Sabia.-Menciñeira ou curandeira que se dedica a curar e facer ben. (Véxase Dicionario dos seres míticos galegos).

-O pouco que queda da súa casa, en Torbeo.

-Casa de Monforte de Lemos, onde residiu temporalmente a Sabia de Torbeo.

-Casa de Rairos onde, supostamente, faleceu a Sabia de Torbeo.

-Cemiterio de Rairos onde, supostamente, está soterrada a Sabia de Torbeo.


[Nota de agradecemento: Estas fotografías (agás a da casa de Monforte de Lemos) foron realizadas e remitidas polo alumnado de 3º ciclo do CEIP de San Clodio, Ribas de Sil (Lugo), e polo seu mestre, Fran Bouso. Maio de 2013] Para ver o resto de fotografías seguir o enlace é entrada en Galicia Encantada.

De Cuarto Milenio

En la aldea lucense de Torbeo encontramos la historia de una mujer singular cuya vida estuvo rodeada de hechos insólitos: Filomena Arias. Una auténtica bruja cuyos prodigios cruzaron las montañas que rodeaban a las aldeas cercanas, construyendo un mito vivo aún hoy. Los que la conocieron nos cuentan de ella hechos completamente increíbles que la convierten en una verdadera meiga. Según la propia Iglesia, la Bruja de Torbeo era ayudada por cinco espíritus de perro para lograr sus curaciones y prodigios.

Ver programa: inicio minuto 1:17
Enlace á entrada en Galicia Encantada
Comentarios (0) - Categoría: Mundo TIC - Publicado o 01-01-2017 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0