Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un ano máis
Antón Caxoto
nº 44 27/12/2016 RV-AM 28/12/2016 LVG-AM ILUSTRACIÓN: ANTÓN CAXOTO



Ao longo do ano que vai rematar fomos quen de darlle unha volta ao cine, sentados no Principal Cinema ou no Pacheco e tendo como especial centro de interese nesta materia ao veciño Victoriano López García, con el démoslle voltas ao idioma na grande pantalla. Tamén xogamos coas letras, galegas por suposto coas que compuxemos, na imprenta, palabras de agasallo.

Recuperamos a Manuela Rey, a actriz que moi noviña deixou as súas terras para percorrer unha esquina da pel de touro e acabar axiña, no mellor da vida e con éxito, en Lisboa coa admiración de moitos. Da man de Antonio Reigosa, fixemos festa para espallar os aires do Masma e xuntalos cos do Texo nunha polafía ben feita na casa por xente da casa.

Lembramos a Manolo Araújo nunha homenaxe que queda para o recordo e que nunca máis se poderá repetir porque un dos que a fixo posible xa non está aquí, Arcadio Mon. Música, teatro, poesía, lembranzas e amizade pasaron polo escenario do auditorio ?Pascual Veiga? para dicir ao unísono: Araújo, ti vales moito, sabémolo e dicímoscho! Tamén nos lembramos de Lodeiro Piñeiroa, de Kike, de Lombardero e doutros moitos que lle puxeron melodía ao Val do Brea e incluso ao Barcelona.

Xogamos á billarda no ?Aberto da Tarta de Mondoñedo?, pensamos e rímonos cos monicreques, probamos os tomates da Letizia, retratamos a Santiago Pernas Salazar, viaxamos de Argomoso a Río con Susana Rodríguez Gacio e non faltou tempo para ir dar un ?chapuzón? á Rapadoira baixo a sempre vixiante mirada do Xico.

Fomos de feira en feira cos Cabanela, desde as Quendas co ?Mondoñedo É... Poesía? ata as San Lucas do premio ?Mondoñedo10? e Voces da Paula e iso que atopamos cortada a autovía no Fiouco ben veces.

Falamos de árbores que nunca deberan desaparecer, ou polo menos non desa forma; de auga que é de todos, túa tamén e da Cova do Rei Cintolo da mán do Rei das Tartas.

Visitamos festas e exposicións e lembramos tempos nos que houbo o que xa non hai, pero iso non quere dicir que non poda haber algo mellor que non impedirá que sigamos a lembrar o que xa foi e non volverá, coma este ano que remata.

Agardamos e desexamos, para o vindeiro ano, unión e ilusión para que xunto co ánimo e a imaxinación poidamos seguir sendo como somos. Nin mellores, nin peores ca ninguén. Simplemente unha miguiña diferentes por aquelo de ser de onde somos e sentirnos orgullosos de que así sexa. No nome de Antón Caxoto e no meu propio, boas festas e bo ano 2017!!!
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 27-12-2016 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0