Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Zully Moreno, a actriz do Monfadal
Antón Caxoto
nº 43 20/12/2016 LVG-AM día ILUSTRACIÓN: ANTÓN CAXOTO



A «Rita Hayworth arxentina» era neta de Ferreales do Monfadal. tal e como o relata, nun dos seus artigos publicados en «Destino», Álvaro Cunqueiro.

Son varias as referencias, incluso orais, que non dubidan en afirmar que Zully Moreno, a «Rita Hayworth arxentina» era neta de Ferreales do Monfadal. Así o relata, nun dos seus artigos publicados en Destino, Álvaro Cunqueiro: «La madre de esta Zully era de una aldea cercana a Mondoñedo, de una familia que llaman los Ferreales. La aldea se llama Monfadal, que puede significar Montefatal o Monte de Hadas. Zully debe ser abreviatura familiar de Zulema, porque una de las primas de la artista, que yo conozco, una morochita, se llama así...». Relata Cunqueiro que se proxectou en Mondoñedo -supoño que no Cine Pacheco ou no Principal Cinema- unha película protagonizada por Zully: «Bajó, naturalmente, todo Monfadal a la ciudad a ver a la niña, y al frente el abuelo Ferreal. Pero el asunto de la película era una tristísima peripecia en los bajos fondos bonaerenses, y la bella Zully andaba en la mala vida, amando y llorando y cantando tangos y milongas, aunque creo recordar que todo terminaba bien y la niña se enmendaba en el matrimonio. Pese al final feliz, el Ferreal viejo se sintío ofendido...».Juan Soto, Cronista oficial da provincia de Lugo, escribe nun artigo titulado «Rescate del tiempo ido»: «La madre de Zully era de Mondoñedo, de la familia de los Ferreales, en Monfadal, un barrio de la parroquia de O Carme. Pero nunca se vio que mostrase interés por conocer el lugar de sus orígenes. Peor para ella. En Argentina la consideraban poco menos que una gloria nacional. Guapa sí era. Y mucho». Equivócase o cronista ao afirmar que a actriz non se interesara por coñecer Mondoñedo. Tal e como me comentaron algúns parentes, Zulema Esther González Borbón (ou Bordón, como aparece nalgúns escritos), visitou as terras de procedencia da súa nai na década dos setenta do pasado século.
Pero como é posible que sexa parente dos Ferreales e que non leve o apelido ?Díaz? coma eles?Segue a ser un misterio. A pesar de buscar e de pedir axuda para tentar resolver a conexión, aínda non se deu esclarecido. Zulema tiña un irmán, Alberto Óscar González, un home de negocios relacionados co espectáculo, o teatro o cine e a televisión e o seu segundo apelido (supostamente Borbón) nunca aparece en ningún documento público. Ben é certo que, por influencia italiana, os arxentinos só empregaban de maneira oficial un só apelido, polo que é doado que para rodearse dun halo de maior ?glamour? a actriz se vestise cun segundo tan singular. Tamén puidera ser que Cunqueiro non estivese no certo e que en lugar de ser mindoniense a nai de Zully, o de Mondoñedo fose o pai. Eu non o creo porque seguindo aparecen referencias na prensa galega do século pasado nas que se vincula a Zully Moreno con Tui (Pontevedra) por ser natural desta localidade o seu pai.

Zulema Esther G. Enrique Moreno Borbón

O número 86 da publicación semanal ?Ídolos del cine? está adicado integramente a Zulema Esther González Enrique Moreno Borbón (aquí aparecen máis apelidos) na que sería a súa biografía máis ?pomposa?. Na revista das estrelas do celuloide escriben que Zully procede dunha familia burguesa de emigrantes españois donos dun café e que despois de rematar os estudos de bacharelato comeza a traballar como modelo ata que vai pasando por unha serie de aventuras que a levan ao mundo do cine. Ben difire esta historia doutras que posiblemente estean máis apegadas á realidade.Zully Moreno naceu en Villa Ballester, provincia de Bos Aires o 17 de outubro de 1920. Era filla de emigrantes galegos residentes en Arxentina e irmá de dous varóns, un deles finado con poucos anos de vida. Cando Zulema tiña dez anos, morreu o seu pai, situación que a obrigou a buscar traballo para axudar á economía familiar. Sendo unha pícara, comezou a traballar de costureira e ao cumprir os 18 anos presentouse a un casting mediante o cal accedeu a un papel secundario no filme ?Cándida?, de Luis Bayón Herrera. Ese sería o inicio dunha gloriosa carreira profesional que a levaría a rodar arredor de corenta películas e varias obras de teatro. O seu primeiro papel protagonista chegoulle con ?Stella? (1943).Aos 27 anos, casou co director de cine Luis César Amadori e tiveron un fillo, Luis Amadori. Consagrouse protagonizando títulos como ?Dios se lo pague? ou Nacha Regules, de Arturo de Córdova e tamén traballou baixo as ordes de Mario Soffici en ?La Gata?; de Carlos Hugo Christensen, en ?La trampa?; de Carlos Schlieper, en ?Cosas de mujer?; de Ernesto Arancibia, en ?La mujer de las camelias? ou de Lucas Demare, en ?Nunca te diré adiós?. Era peronista, polo que tralo golpe de Estado que derrocou a Perón, viuse obrigada a exiliarse, primeiro a México, onde filmou tres películas e máis tarde a España. ?Madrugada?, ?Una Gran señora? e ?Un trono para Cristi? son as películas nas que traballou en España.Ao morrer o seu marido, Zulema faise cargo da administración do ?Teatro Maipo?, da súa propiedade e da produtora ?Argentina Sono Film? e deixou o seu traballo como actriz. Morreu aos 79 anos, o 25 de decembro de 1999 en Bos Aires logo de padecer Alzhéimer nos últimos anos da súa vida.

O irmao

Zully e Alberto, os dous irmáns sempre estiveron moi apegados. Alberto encargouse da xestións das empresas de Zulema cando apareceron os primeiros síntomas do Alzheímer. Alberto Óscar González, ademais de gustarlles as vedettes -estivo casado con dúas: Susana Brunetti e Mimí Pons- foi un empresario de éxito e o creador de ?Canal Satelital? a primeira plataforma de televisión que emitiu vía satélite no cono sur americano.


Algunhas películas de Zully

































Artigo na edición dixital de La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 20-12-2016 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0