Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mondoñedo é poesía
Antón Caxoto
Publicado en La Voz de Galicia - A Mariña
Sábado, 22 de outubro de 2016
Texto: Bernardo Penabade
Ilustración: Antón Caxoto




Un dos medio cento de feirantes que D. Álvaro Cunqueiro nos deixou para a posteridade chamábase Fulxencio Parada, era orixinario de Rianxo e tiña devoción polas laranxas da súa horta, que consideraba as mellores do mundo. Con esa mesma devoción polo traballo ben feito, un coterráneo seu -neste caso asentado por pivilexio de consorte na banda meridional da Ría da Arousa- chamou a Mondoñedo buscando colaboracións para un programa de televisión. -Estamos preparando unha serie sobre as vilas históricas galegas e queríamos gravar en Mondoñedo. Necesitamos alguén que coñeza o patrimonio local e que queira contárnolo para a cámara, -dixo Xoán Piñeiro. -En Mondoñedo non teñen problema. Falen co Cronista Oficial. Ademais de ser un sabio, é moi boa persoa e moi servicial. Xa el lles fala en nome de todos os mindonienses. Mais o comunicador audiovisual de San Martiño de Salcedo de Pontevedra quería varias voces -catro mellor que tres e tres mellor que dúas- e non se contentaba só co discurso do cronista, por moi sabio que fose. Entón as recomendacións deberían ser outras. Quería varias voces? Sen problema; en Mondoñedo podería ter unha masa coral, se lle fixese falta para o conseguir un audiovisual con tan bon sabor como as laranxas do Fulxencio. Falando co presidente de Abrindo Camiño, tería o camiño aberto ao latir da cidade e xa el lle diría onde e con quen gravar. -Non pode ser! -queixábase pouco despois o director da gravación-. O Luís faloume como unha ametralladora e comezou a recomendarme xente e non paraba. Faloume duns señores que imprimen un xornal, dunha moza violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia, dun César músico e profesor que vive na Coruña, dunha Sra. Esther que é a madriña dunha árbore, dun mestre que vive por Monforte? Deume todo un mar de nomes e eu non quero figurantes. Quero xente que saiba falar! E nisto chegou o día e a xente de aquí e a de acolá puxo como punto de encontro a Alameda dos Remedios, como se fosen as San Lucas, e comezaron a gravar en Alcántara e as palabras fluían e o traballo facíase con rapidez. Baixaban ao busto de Leiras e a intensidade mantíñase; pasaban pola oficina de turismo e Abel faláballes con idéntico entusiasmo sobre o Rei Cintolo; e, xa fóra, nas cabeceiras da praza D. Álvaro parecía que lle chiscaba un ollo a D. Xosé Ruíz Leivas; e subían á torre da catedral e as mesmas cámaras abrían os ollos como pratos ao escoitar as explicacións de Valentín, o seu magnífico "atendedor". Naquel momento, as expresións de director, rexedor e cámara xa o dicían todo. Por eles, o traballo xa se podía dar por finalizado; o éxito era seguro. Mais descoñecían que aínda faltaba outra parte do recital. Primeiro no cemiterio vello, con D. Xulio da Casa da Penela falando sobre Leiras e Cunqueiro e Pascual Veiga e o Pallarego... e evocando, se cabe, aínda con maior paixón aquela historia da musa Eustorgia que repousa no fondal do camposanto. Despois, as cereixiñas do pastel: a área da fervenza e a Pena do Unto. Unha regalía para o cámara, que ben o merecía. Non fixo falta chegar á hora das despedidas para que o director arousán dixese o que lle levaba xa horas fervendo no peito: -Agora entendo por que, cando eu intuía problemas, o Luís botaba a rir e aseguraba que en Mondoñedo non tería problema ningún. Gravamos con toda esta xente e poderíamos gravar con outra tanta. Por iso estou absolutamente convencido de que Mondoñedo é poesía. Poesía pura.
Comentarios (0) - Categoría: Crónicas das San Lucas - Publicado o 08-12-2016 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0