Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tristán nas San Lucas
Antón Caxoto
Publicado en La Voz de Galicia - A Mariña
Venres, 21 de outubro de 2016
Texto: Fran Bouso
Ilustración: Antón Caxoto




Á altura de Candia, no concello de Abadín, puxéronselle de punta os pelos. A vella furgoneta que servía para levar a churrería de feira en feira avanzaba lenta pola baixada da Xesta formando parte dunha caravana encabezada un transporte especial que portaba tres aspas dun aeroxenerador.
Ao pasar a Volta Grande xa se empezaban a ver os camións do gando estacionados en ringleira e os cabalos ocupando unha parte da calzada. Como puido, ía esquivando obstáculos na baixada da avenida das San Lucas e ao pouco de pasar o museo do Mago Merlín fixou a súa mirada na casa da esquina da praza. En lugar do bar estaba unha sucursal do banco Hispano-Americano.
Un ano antes, máis ou menos á mesma hora, sentábase na barra daquel bar tomando un dos cafés que máis lle prestou na súa vida, botáralle dous sobres de azucre coma acotío, pero a dozura proporcionoulla a mirada do camareiro que a atendía.
Co sabor doce nos beizos montou a estrutura do posto e con gran destreza despregou o toldo serigrafiado coa inscrición ?Churrería Isolda (Venta de Baños)?.
Enriba da táboa xa estaba a masa agardando o momento axeitado para ser metida na máquina que dá forma aos churros e o aceite estaba a chegar á temperatura óptima.
?Rapaciña, y luego tu madre? ?preguntou Ester do Pinto.
?Buenos días ?contestou a churreira? Mi mamá ya no anda por las ferias ...
A Ester xa a coñecen, se hai dúas cousas que lle gustan máis que sacar fotografías son laretar e os churros.
Cos churros xa mornos, Ester achegouse á barra e pediulle a Basora, o camareiro de todos os días, unha cunca de chocolate.
?Ai, hoxe hai choio eh, Basora! Normal, ao cadrar o 18 en domingo, xa se sabe. Menos mal que che puxeron axudante e ben guapiño que é. Mociño, de donde eres?
?Sonlle da Pastoriza, señora; de Reigosa.
?E non serás fillo do Capador?
?Así é. E logo, como o soubo?
?Eses ollos dicen moito ...
?Veña rapaz ?dixo Basora? hai xente agardando nas mesas.

Ester tomou o chocolate e os churros. Cando ía saír pola porta cruzouse co camareiro da Pastoriza, miroulle aos ollos e preguntoulle:
?Como te chamas?
?Tristán García, señora ?respondeu o rapaz.
O día foi pasando entre cafés, churros, viños, cervexas, polbo e xente, moreas e moreas de xente. Xa entrada a madrugada, Tristán saíu varrer a terraza do café, xusto diante de onde estaba instalada a churrería.

?Daríase ben a feira, ou? ?preguntoulle o camareiro á churreira.
?Cómo dices? ?respondeulle.
?Si se te ha dado bien la feria hoy? ?insistiu Tristán.
?No hay queja, no tuve ni un minuto libre para ir al baño y estoy que exploto ?confesou a rapaza.
?Pasa, por favor! Podes ir ao servizo do bar; eu míroche do posto mentres non volvas ?dixo Tristán.
A churreira entendeu á primeira e non tardou en coller cara o baño. Ao pasar ao carón de Tristán, este preguntoulle:
?Chámaste Isolda?
?No, yo me llamo Jessica; Isolda es el nombre de mi madre.
De repente, a Tristán véuselle enriba todo o cansazo acumulado ao longo do día e nese preciso momento os seus ollos deixaron de brillar.
Continuou varrendo ata que a churreira regresou do baño. Logo meteuse dentro para deixar o chaleco na percha, coller as súas cousas e saír pola porta de atrás.
Ao día seguinte, do picaporte da porta de vidro do café colgaba unha bolsa de plástico azul, no seu interior había un pequeno saco de papel que contiña doce churros fríos.
Comentarios (0) - Categoría: Crónicas das San Lucas - Publicado o 08-12-2016 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0