Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUIQUE GUERRA, UN HOME METIDO NO SEU MUNDO (Nº31 04/10/2016 RV-AM e LVG-AM)
Quique Guerra
O pasado xoves deixounos Quique Guerra. Cando me chegou a mala nova, a primeira imaxe que me veu á cabeza foi unha das súas obras, para min, a máis coñecida porque habitamos espazos comúns. Estoume a referir á escultura de Xosé Díaz Jácome que está na fonte dos Pelamios no barrios dos Muíños de Mondoñedo. Este conxunto escultórico formado por unha silueta feita en prancha de ferro do poeta que cantou ao Muíño Fidel e unha roda de muíño que dá conta dun poema de Jácome sobre unha base de pedra granítica inaugurouse no ano 1999. Foi precisamente daquela cando coñecín ao escultor natural de Mondoñedo e residente en San Cibrao, tamén foi a única ocasión na que falei con el.
Quique era unha persoa introvertida que se valeu dOa pintura e a escultura para expresar as súas ideas e sentimentos. Os que o coñecen mellor ca min cadran en que posuía altas capacidades creativas e que lle gustaba experimentar con materiais cos que pouco se tiña traballado, como os ósos de balea. Este material e a madeira vella procedente de edificacións ruinosas ou da beira do mar servíronlle de masa para facer algunhas das súas obras como unha peza de grandes dimensións que está exposta de forma permanente no espazo expositivo de Regal-Xunqueira, en Viveiro ou un par de retratos, un de Nando e outro de Santi que se poden ver no complexo hostaleiro que os irmáns Blas teñen en Cervo. Sabemos que con esta técnica creou un violinista conseguido con moito detalle que, posiblemente, nunca atravesara os muros do seu obradoiro, Quique non tiña afán de negociar co súa obra.
Posiblemente a súa composición máis coñecida sexa ?Os sete mares?, unha escultura feita en colaboración coa ceramista Chus Lage, que consta dun monolito de pedra e sete pranchas cerámicas que ?queren mostrar as ondas , nun espectáculo que se transforma dende o azul celeste ao gris pasando polo verde?, en palabras de Francisco Piñeiro. Podémola ver nas proximidades do peirao de San Cribao.
O artista plástico Mauro Leivas, un dos seus poucos pero bos amigos desde a nenez, non dubida en consideralo como ?un dos precursores do Land Art?, unha corrente da arte contemporánea que emprega materiais atopados no medio natural como pedras, madeira ou ósos que xa posúen de xeito natural unha forma e que o creador se vale dela para construír as súas obras.
Daniel Caxigueiro lémbranos que Quique Guerra ?sempre foi consecuente coa súa ideoloxía e participou en canta manifestación artística de tipo social se deu na Mariña, desde a mostra en solidariedade con Nunca Máis, ata as últimas exposicións da Semana da Arte Galega?. ?A súa presenza calada, independente e xenerosa quizais defina o seu paso pola vida e por iso, posiblemente, hoxe estamos tan doídos os amigos?, apunta Caxigueiro.
Para Alfonso Otero Regal, Guerra ?é un xenio? e así llo demostrou nun dos encontros profesionais de cerámica que o ceramista organizou anos atrás e ao que Quique acudiu como alumno. ?Nunca experimentara coa cerámica e nada máis entrar en contacto con ela foi quen de facer unhas pezas coas que nos impresionou?, comenta Sito.
Nunha ocasión, Agustín Ibarrola estivo na Mariña convidado por Pablo Mosquera e non deixou pasar a ocasión de coñecer o estudo de Quique Guerra, o de Basauri quedou impactado cos traballos feitos con óso de balea e troncos vellos.
Aínda que a súa faceta máis coñecida é a de escultor, Guerra tamén é pintor e profesor de debuxo. As súas pinturas representan diferentes etapas e estilos, desde o postcubismo con influencias de Laxeiro ou Sargadelos ata o hiperrealismo do cadro que estaba colocado enriba do seu cadaleito na capela ardente que representa, segundo Mauro Leivas ?unha parede con diferentes capas de lectura que van desde unha mampostería pobre ata outra máis sólida, pasando polo ladrillo?.

Fóisenos un bo e xeneroso e agora queda afondar no coñecemento e divulgación da súa obra e tentar entender o que con ela nos quixo transmitir.



Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 06-10-2016 07:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0