Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DE ARGOMOSO A RÍO (Nº25 23/08/2016 RV-AM e LVG-AM)
Do 7 ao 18 de setembro deste ano celebraranse en Río de Janeiro os XV Xogos Paralímpicos. Esta será a primeira ocasión na que o paratriatlón estea presente no programa oficial dunhas Paraolimpíadas. Entre os seleccionados para participar nesta modalidade deportiva que combina natación e carreira a pé e en bicicleta figura a galega Susana Rodríguez Gacio (Vigo, 4 de marzo de 1988).

Susana preséntase no seu blog (susanarg.com) dicindo que naceu en Vigo ?porque os meu pais tiñan o seu traballo nesta cidade, a pesar de que toda a miña familia é dunha vila chamada Mondoñedo?. Efectivamente, a parentela da paratriatleta procede de Argomoso, lugar co que nunca perderon vinculación e que visitan con moita frecuencia.

A deportista naceu, segundo as súas palabras, cunha ?característica distinta que me fai especial?, trátase de albinismo oculocutáneo, unha condición xenética hereditaria que provoca ausencia de pigmento no pelo, pel e ollos, así como importantes problemas de visión, Susana ten dito que ?eu vexo como unha cámara de fotos de moi mala calidade?. Por esta razón, a campioa de Europa e do Mundo de paratriatlón, competirá na clase PT5 xunto con outras deportistas que presentan deficiencia visual total ou parcial, todas elas deberán ir acompañadas dunha guía e disputar en tándem o tramo en bicicleta.

Susana Rodríguez, que acaba de rematar os estudos de Medicina na Universidade de Santiago e que posúe, desde hai uns anos, o título de Fisioterapeuta, é un exemplo de superación persoal, ela entende que ?todos somos diferentes dalgún xeito e esas diferencias pode que nos pechen algunhas portas pero tamén abren outras?.

As finais de paratriatlón das Paraolimpíadas de Brasil celebraranse no Forte de Copacabana o domingo, 11 de setembro a partir das dez da mañá polo que cadrará coas festas dos Remedios, pero ese non será impedimento para que todo Mondoñedo e contorna estea pendente dos medios audiovisuais seguindo a Susana e apoiándoa como se merece.



Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 22-08-2016 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0