Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PALABRAS DE AGASALLO (Nº20 19/07/2016 RV-AM e LVG-AM)
Tallamar dunha ponteEu non sei se a vostedes lles pasa o que a min me acontece. Resulta que hai palabras que gardo na memoria e que lembro con exactitude a primeira vez que as escoite. Sendo pícaro escoiteille ao meu veciño Javier a palabra ?áridos?, referida a ?áridos de machaqueo?, eses materiais areosos ou gravas que se obteñen mediante un proceso de machacado logo de extraer pedras nas canteiras e que se empregan para facer argamasa ou outros combinados para o seu uso nas obras.
En ocasións, acontéceme o contrario, eu digo unha palabra e o meu interlocutor non a coñece. Foi o caso de ?botamen?, en relación ao conxunto de botes dunha farmacia. Isto sucedeu mentres paseaba na compaña do meu amigo César, compañeiro de estudos en Santiago, e lle comentei que o botamen da botica do pai de Cunqueiro aínda se podía ver nun dos despachos de farmacia que hai ao carón da Paula.
Hai un par de anos, en concreto o 5 de xullo de 2014 de volta da merecida homenaxe que no Valadouro lle rendemos a Miro Casabella, viña comentando no coche que a ponte que está á altura do Frenazo cando a reconstruíron déronlle a volta e agora as pedras que están na base para romper as augas xa non cumpren a súa función. O meu amigo Xe, que nos acompañaba botou a cavilar e dixo ?tajamar, en español é tajamar, en galego non sei como se di?. Tempo despois lin por algures ?beque?, en relación a estas pedras, aínda que pode ser que se empregue por certa similitude, pois así é como se denomina a parte alta dos navíos antigos. Non hai moito tempo, o mesmo Xe fíxome saber que ?tallamar? era o termo que andabamos a buscar.

Cando empecei a tocar a guitarra, en setembro do ano pasado, reparei na palabra ?cejilla? e tentei buscar axuda entre os filólogos coñecidos coa finalidade de aprender unha palabra en galego que se puidera empregar para referirme á peza que aplicada transversalmente sobre o mastro dunha guitarra serve para elevar a tonalidade da interpretación. Desta volta foi César Morán, profesor, escritor e músico quen me dixo que a forma brasileira ?capo? podería servir, aínda que el adoitaba a empregar o termo ?braçadeira? ou ?transpositor?.

Agardo que isto siga a acontecer e ?ogallá? a vostedes tamén. Por certo, saben o que é unha xógara? Xaora, para os focegos é doado!

A quen lle escoitaría por primeira vez a verba ?sorpaso??. Seguirá formando parte do noso vocabulario habitual nos vindeiros meses?.



Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 21-08-2016 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0