Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SEGUIMOS FACENDO CAMIÑO (Nº18 05/07/2016 RV-AM e LVG-AM)
Xusto hoxe hai un ano, o 5 de xullo de 2015, enterámonos de que a Unesco declaraba patrimonio da Humanidade o Camiño do Norte e o Primitivo e con eles unha longa nómina de monumentos de diferentes lugares por onde pasan estas vías. A decisión tomábase en Bonn, lugar no que se atopaba naquel momento o Conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, quen inmediatamente llo comunicou á alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia.
A nova correu como a pólvora, non podía ser menos, dada a transcendencia da mesma. A ledicia colectiva era patente, a miña presentaba reservas.
Unha redactora de La Voz de Galicia-A Mariña chamoume con urxencia para que lle remitira un texto breve facendo unha valoración deste nomeamento. Daquela eu estaba sentado nunha das terrazas da praza do Concello agardando por Elena Candia para manter unha conversa sobre asuntos culturais.
Como os minutos se ían convertendo en horas e a espera se facía longa decidín escribir alí mesmo, no teléfono móbil, inspirado no que vía ao meu arredor un artigo que titulei: ?Seremos quen de aproveitala??
Un ano despois, e facendo unha análise baseada na observación directa e en preguntas a persoas directamente vinculadas ao Camiño debo mudar a miña percepción e dar resposta á pregunta de maneira afirmativa.
Esta primeira etapa está acadada con éxito, pero o camiño é longo e os tramos presentan diferente dificultade: non é o mesmo o paseo desde Ribadeo a Lourenzá que o trazado ?rompepernas? desde Mondoñedo a Abadín. Queda camiño por andar e oxalá dentro dun ano poidamos seguir facendo a valoración en positivo.
Celebramos este primeiro aniversario da declaración con dúas boas novas, por un lado a apertura do primeiro albergue de peregrinos privado que haberá en Mondoñedo e que rexentará a empresa Montero e a inclusión da Ciadade da Paula na Rede de cidades e territorios creativos de España.
Este pasado sábado asinábase en Monforte de Lemos a acta fundacional da Rede de cidades e territorios creativos de España, plataforma da que xa forma parte Mondoñedo xunto con Jun, Alcalá de Henares, Burgos, Donostia, Madrid, Segovia, Valladolid e Monforte, entre outros. A esta iniciativa colaborativa tamén se sumaron entidades supramunicipais como é o caso do Consorcio Ribeira Sacra, o Cabildo de Tenerife ou a Deputación de Lugo. Todos estes municipios presentan características comúns como atesourar un patrimonio material ou inmaterial que permita desenvolver plans e proxectos creativos para o asentamento de poboación e a xeración de valor engadido. Esta iniciativa parte da asociación España Crativa e conta co respaldo da Universidad Rey Juan Carlos, o Instituto Cervantes, a Comisión Nacional de Cooperación coa Unesco, a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León.



Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 21-08-2016 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0