Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VEIGA É MAIS (nº19 12/07/2016 RV-AM e LVG-AM)
Estes días atrás vin unha fotografía en Facebook que dicía: ?Cada vez que compartes esta imagen, un adoslescente descubre que Ramones no es una marca de camisetas, sino una banda con más de 150 canciones aparte de Blitzkrieg Bop?. Con Pascual Veiga (Mondoñedo, 9 de abril de 1842-Madrid, 12 de xullo de 1906) sucede algo parecido. Cando se nomea ao músico mindoniense do que hoxe se cumpren 110 anos do seu pasamento, hai rapaciños aos que lles soa de algo pero non o identifican e a maior parte dos galegos vincúlano directamente coa Alborada e o Himno Galego.

Pascual Manuel Francisco Veiga Iglesias é o compositor de máis de trinta pezas musicais entre escenas corais, himnos, cantatas, muiñeiras, baladas, alboradas, mazurcas, valses, barcarolas, foliadas, serenatas, seguidillas, e obras relixiosas. Entre estas últimas está a súa primeira composición, Septenario a la Virgen de los Remedios, unha peza escrita en si bemol maior para tres voces graves, clarinete, frauta, dous violíns, contrabaixo e flingle, este último é un instrumento de vento que está en desuso que consiste nun tubo longo de latón dobrado pola metade cun diámetro gradualmente maior desde a embocadura ata a campá e con chaves ou pistóns que permiten ou impiden o paso do aire..

O recentemente falecido, Enrique Cal Pardo dixo no seu día: ?A Alborada e o Himno Galego sintonizan á marabilla coas máis íntimas fibras musicais da alma galega e son suficientes para inmortalizar a un músico?. E ben certas son as palabras do admirado Cal Pardo, pero máis dun século despois sería interesante seguir mantendo esta afirmación pero sen descoidar o estudo do resto da obra do compositor mindoniense. Non podo afirmar con rotundidade, pero ben seguro que no arquivo de algún dos orfeóns que dirixiu na Coruña, aínda hai pezas por descubrir.

A Alborada Galega ou Alborada de Veiga, foi estreada nos Xogos florais de Pontevedra do ano 1880 co título ?A Estrela Coruñesa?, ese era o nome do poema do santiagués Francisco María de la Iglesia González no que se inspirou o compositor de Mondoñedo para poñerlle letra á peza que suporía un antes e un despois na música culta galega. Para os intelectuais da época, a Alborada supón o paso do escuro ao claro, da noite ao amencer, dos choros ás alegrías.

Arriba, que a Aurora / comeza a pintar / a luz que namora / na terra e no mar.
Deixade os leitiños, / neniñas, deixá, / que os vosos olliños / dan máis craridá.
Estes son os primeiros versos daquel poema de Francisco María de la Iglesia que se bonitos son nada máis recitados, convértense en maxistrais ao incorporárselle a melodía composta por Veiga.


O mesmo día que se publicou este artigo toquei no Báltico a Alborada de Veiga.





Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 18-07-2016 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0