Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS ÁRBORES SON VIDA (nº17 28/06/2016 RV-AM e LVG-AM)

Das preto de cento e medio de árbores recollidas no Catálogo de árbores senlleiras tan só 4 están na comarca de A Mariña, algo menos do 3%. Non está mal a proporción, aínda que se queda un pouco baixa se pensamos que o territorio mariñán representa o 5,61% da extensión de Galiza.

Das catro árbores, dúas son eucaliptos, tampouco é raro, pois o monocultivo desta especie arbórea é unha realidade na antiga provincia de Mondoñedo. Viveiro acolle o Ciprés de California da Misericordia e o coñecidísimo Avó do eucaliptal de Chavín e en Foz están o Eucalipto da Casa de Reimunde e a Moreira negra de Cangas de Foz.

Precisamente dunha moreira lles quería falar hoxe, unha árbore que, de non terse cortado, é posible que formase parte deste catálogo do que lles estou a falar.

Ao pé da canle do río Valiñadares que movía os muiños da ?Muiñeira? , o de Arcediano, o de ?Veiga? e que aínda move o de Edelmiro, a medio camiño entre os Muiños de Arriba e os de Abaixo, pouco despois de pasar un pontigo había unha moreira. Eu non sei se era o derradeiro vestixio vivo daquel intento de pór a funcionar en Mondoñedo séculos atrás unha industria da seda, se cadra si. En todo caso era unha árbore. Unha árbore que medrou en perpendicular e que nos permitía aos pícaros e non tan pícaros pasar dunha beira á outra da canle e que, aínda por riba, chegado o seu tempo era xenerosa dando froito.
Un día unha meiga que comía filloas verdes con serra e brosa na man encargouse de tirarnos aquela ponte natural que medrara a capricho, aquela fonte de moras, aquela parte da historia.
Mentras a estaba cortando hai agora uns 25 anos, iniciei unha protesta, incluso chamei á Policía ou á Garda Civil, xa non lembro (ou a memoria quere diversificar responsabilidades) e non sei se era que como non pronunciaba ben nin o ?R? ni o ?Z? , os meus berros non serviron para nada e tampouco a chamada de auxilio.

Subindo pola rúa San Roque, pouco despois de pasar a capela do santo que lle da nome á rúa, á altura do desvío do Camiño do Mouro había uns castiñeiros. No outono enchían toda rúa de follas e de ourizos e castañas. Alí había todo tipo de bichería, moita sacabeira e escáncer e en lugar de tentar limpar as follas de vez en cando para que os bichos non foran tantos decidiron cortar as árbores (isto lémbrame a idea dun Presidente Norteamericano que para rematar cos incendios forestais propuxo acabar coas árbores). Pois na rúa San Roque de Mondoñedo hai uns 30 anos acabaron co problema de raíz. Agora a rúa non ten follas, nin ourizos, nin castañas, nin sacabeiras, nin escánceres, pero tampouco ten muro -caeu ao pouco de tronzar os troncos- e ten bastante menos vida, de feito nesa rúa hai moitas casas caendo. Un claro exemplo de que se acabamos coas árbores acabamos tamén con nós mesmos.



Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 18-07-2016 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0