Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CHEGA O VERÁN E CON EL AS FESTAS (nº16 21/06/2016 RV-AM e LVG-AM)

Segundo o Observatorio Astronómico Nacional, dependente do Ministerio de Fomento do Goberno de España, o verán na Península entrou esta pasada noite, en concreto ás 0h. 34 min. Agardemos agora que a meteoroloxía acompañe con temperaturas agradables e ceos despexados.

Coa chegada da estación estival, as actividades lúdicas e festivas ao aire libre multiplícanse na Mariña, xa estamos desexosos de vestirnos de branco para participar na Festa Indiana de Ribadeo, de bailar no San Lourenzo de Foz ou de preparar as viandas para celebrar o Naseiro de Viveiro. O domingo, 26 de xuño a Rapa das Bestas de Campo do Oso chegará á súa cuadraxésima edición ininterrompida e detrás dela virán as de Candaoso, en Viveiro e San Tomé, no Valadouro. Sen ir máis lonxe, este sábado o barrio dos Muíños de Mondoñedo acollerá a celebración da segunda edición da Feiramostra na que artesáns e comerciantes de aquí e acolá ofrecerán os seus produtos ao público que alí se achegue.

A feira abrirase ao público ás once da mañá e permanecerá aberta ata a chegada da noite. Está prevista a instalación dun elevado número de postos de artesanía e agroalimentación, así coma un encontro de oleiros no que participarán artesáns de Bonxe, Gundivós, Niñodaguia, Buño e Mondoñedo. Monicreques, obradoiros de serigrafía e de olería completan un programa ao que lle porán música e baile diferentes seccións da escola de música ?O Pallarego? e o grupo Xacarandaina, de A Coruña.

Cadrando coa feira exposición do barrio artesá mindoniense celebraranse as novenas Xornadas do Peregrino ?Abrindo camiño? nas que se analizará a situación actual do Camiño Norte de Santiago e as súas posibilidades de promoción.

Como veciño dos Muíños e pregoeiro da segunda edición da Feiramostra non quero deixar pasar a ocasión de convidalos a participar nas actividades citadas.



Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 18-07-2016 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0