Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha delegación mindoniense reuniuse onte con responsables de turismo da Ribeira Sacra para establecer vías de colaboración
Mondoñedo 13/05/2013
Fran Bouso

Representantes da Mesa de seguimento da crise en Mondoñedo e comarca, integrantes da plataforma Comarca de Mondoñedo unida, hostaleiros e artesáns da Cidade do Masma mantiveron encontros con responsables do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Asociación Ribeira Sacra Rural (que agrupa a corenta casas rurais da zona) e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

A delegación mindoniense chegou a media mañá ao municipio de O Saviñao, onde visitou a adega Abadía da Cova e a área paisaxística do Cabo do mundo. Xa ao mediodía acudiron ao Centro do Viño da Ribeira Sacra para visitar o museo do viño que ofrece unha visión de conxunto de aspectos agrarios, históricos e etnográficos da comarca, alí mesmo compartiron un xantar de traballo co presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez e a presidenta da Asociación que promociona o Camiño de Santiago de Inverno, Aida Menéndez, quen comprometeu a súa participación e a de membros da súa asociación nas VI xornadas do peregrino que se celebrarán en A Mariña a primeira fin de semana do mes de xullo.

Os encontros continuaron en sesión de tarde en Doade, onde se encontraron con directivos da asociación Ribeira Sacra Rural que aglutina a corenta casas rurais da Ribeira Sacra tanto luguesa coma ourensá, na reunión tamén estaban presentes representantes do Consorcio de Turismo. Neste encontro decidiron crear un grupo de traballo mixto para a creación de paquetes turísticos nos que se oferten servizos de ámbalas dúas zonas e a promoción de produtos propios de cada lugar.

Pola parte mindoniense estiveron presentes Elena Candia e José Luís Fernández Ansedes, en representación da Comisión de seguimento da crise en Mondoñedo e a súa comarca; Jesús Chao, Ángel Marful e Fran Bouso, por parte da Plataforma Comarca de Mondoñedo unida, Manuel Tapia, como representante de ACIAM, Waldo González, Guillermo Redondas e Covadonga Ares como hostaleiros e artesáns e Valentín Ínsua, campaneiro da Catedral de Mondoñedo e unha persoa muy vinculada á promoción cultural e turística do municipio.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2013 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0