Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O pasado domingo, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) do I.E.S. ?Leiras Pulpeiro? desprazouse ata Mondoñedo para percorrer a Ruta literaria do autor de ?Cantares Gallegos
Alumnado e profesorado ao inicio da rutaMondoñedo, 10 de xuño de 2013
Fran Bouso


Ás doce menos cuarto da mañá a expedición integrada por medio cento de alumnos, alumnas e profesoras foi recibida na Alameda dos Remedios polo coordinador da Plataforma ?Comarca de Mondoñedo Unida?, José Luís Fernández Ansedes quen lles falou sobre a primeira Festa da árbore que se celebrou nese lugar o 4 de febreiro de 1569.

De seguido, a expedición desprazouse ata a Centro cultural de Alcántara (coñecido popularmente como A casa da xente), onde foron recibidos polo tenente alcalde e concelleiro de cultura mindoniense, Xusto Fernández Haro. Neste edificio, que outrora fora a igrexa do mosteiro dos monxes alcantarinos, hai unha exposición permanente sobre a vida e a obra de músicos e escritores mindonienses.

A ruta turístico-literaria parte deste punto e desde alí, os da cidade das murallas, foron guiados por Xe Freyre e Fran Bouso por diferentes lugares vinculados coa vida e obra do médico e poeta mindoniense, a quen lle foi adicado o Día das Letras Galegas do ano 1983.

Ao longo do percorrido non faltaron referencias a outros escritores, investigadores, músicos, artistas plásticos e personaxes históricos de Mondoñedo como Álvaro Cunqueiro, Noriega Valera, Lence Santar, Pascual Veiga, Pacheco, Juan Puchades, Marina Mayoral ou Antón Meilán.

Logo de camiñar pola rúa Manuel Leiras Pulpeiro onde se atopan as casas nas que viviu e finou o escritor, pasaron pola antiga Sociedade de Obreiros Católicos (na cal exerceu como médico), a rúa Febrero (onde está a casa natal), fonte vella e praza da Catedral (lugares vinculados á súa obra), rúa da ponte (bordeando as murallas medievais mindonienses) para chegar ao Cemiterio Vello e alí depositar rosas ?roxas? na lápida do poeta republicano, masón e anticlerical.

No Cemiterio Vello, actualmente reconvertido en parque, puideron visitar as tumbas de Cunqueiro, Veiga, Pacheco, entre outros. Desde este punto partiron en autobús ata o Coto da Recadieria onde continuaron camiño a pé pola senda que leva á área recreativa de A Fervenza pola Ponte dos Carabullos.

Logo de visitar os restos das instalacións da primeira central hidroeléctrica que funcionou en Mondoñedo a finais do século XIX (foi inaugurada o 19 de marzo de 1893), puideron gozar dun xantar campestre no merendeiro da piscina fluvial para, xa pola tarde, participar nunha competición de xogos populares.

Ao longo do percorrido, alumnos, alumnas e profesoras, foron lendo poemas de Leiras que facían referencia aos lugares que ían visitando.

Pódese ver unha reportaxe fotográfica pinchando aquí.
Galería fotográfica
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-06-2013 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Moitas grazas Fran Bouso e Xe Freyre pola vosa colaborac#blgtk08#ión cos proxectos e as asociacións de Mondoñedo.
Comentario por Luis Fdez Ansedes (10-06-2013 11:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0