Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O pasadizo da Urraca
O sábado pasado volvín a Tui. ?Mediorresidira? alí, como fago sempre, case un ano ao inicio deste milenio e estando na máis meridional cidade con representación en Cortes do Antigo Reino de Galiza lembreime dunha ?tapería? (petiscaría -se cadra-) á que me gustaba moito ir por ser un lugar moi acolledor e cunha carta non moi ampla pero algo diferente e exquisita: ?O pasadizo da Urraca?.

Aínda se me ven á boca o sabor do queixo fundido con froitas de tempada acompañado de diferentes variades de pan (de noces, de pasas...), que xa non teñen na carta e que, polo tanto non puiden degustar na miña última -que agardo que non sexa a derradeira- visita ao local.

Cambio de donos e mudou de nome en dúas ocasións desde que non ía. Chámanlle ?La de Manu? (menos mal que dan ben de comer, porque polo nome non iría), pero a xente segue a coñecer o local pola denominación que tivo nas súas orixes, boa proba é que cando me estaba achegando ao lugar pregunteille a un señor polo ?Pasadizo da Urraca? e non dubidou e dicirme que estaba ?ao outro lado da ponte elevada que se ve alí ao fondo?.

Se a memoria non me falla ou non está deformada, a comezos deste século, no ?Pasadizo da Urraca? poñían uns manteis de papel nos que se podía ler a lenda que falaba dun paso que había -se cadra hai ou non houbo nin hai- por debaixo do leito do Miño ao seu paso por Tui e que empregou a Raíña Urraca para fuxir cando foi asediada. Creo recordar que me deran un exemplar noviño do trinque e que o gardara, pero tan ben o gardei que non sei onde o puxen. Que pena!.

Pero como non tiven a ocasión de remirar o pano de papel, botei man da rede para buscar a lenda e atopeime con isto: ?Asediada polo conde de Traba e Tareixa de Portugal, a raíña fuxiu supostamente por un pasadizo que a levou até as ribeiras do rio Tea exiliándose a León, onde comezou as negociacións co bispo Diego Xelmírez? feitos estes narrados na ?Historia Compostelana?. E o lugar de asedio foi o Castelo de Sobroso (Mondariz). Outra pena!

Son lendas e como lendas que son poden ser ou non ser, ou ser aquí ou acolá...

O certo é que, unha década despois aínda non me esquecín do nome do local, do sabor dos seus petiscos, nin dos bos momentos que teño pasado alí algunha que outra noite de sábado.

Algo parecido pode pasar co Mariscal Pardo de Cela agora que parece que apareceu o seu ?Testamento?, pero por moito que cambie o coñecemento dos feitos históricos , calquera mindoniense que atopes polo Barrio dos Muíños seguirache a contar a ?Lenda da Ponte do Pasatempo? tal e como a sabemos.

Fran Bouso

Cando se escribe algo que teña que ver con lendas, aínda que só sexa de esguello, hai que mandarllo ao noso experto en tradición oral. Así o fixen e Antonio Reigosa contestou o seguinte:

Xa ves que empeño en borrar o pasado da memoria. Nin coa boa sona do que alí se comía foron quen de respectar o antigo nome os de Tui.
A Mondoñedo viríalle moi ben unha representación popular, nos días do Mercado Medieval. Por alí anda Paco Piñeiro que sería quen de facelo moi
ben.
Desde a Ponte do Pasatempo unha representación andante ata o corazón da praza grande, diante da catedral. Alí sería o desenlace, non como di a
lenda, ou non necesariamente, senón sempre coa esperanza de poder chegar a tempo para salvarlle o pescozo ao Mariscal. A emoción estaría aí.
Poderiamos resucitar a Pardo de Cela, polo menos para rexenerarnos, que boa falta nos fai.
Un ano destes habería que poñerse a reanimar Mondoñedo.
As lendas son a memoria máis fiel, ou, polo menos, as que máis reconfortan.
A ver quen se anima! Contade comigo para carrexar auga e outras intendencias.

Antonio Reigosa

Por alusións:

Contareiche a verdade. A historia vén dende o ano pasado. Querían que fixese unha obra pero cando se acordaron eu xa tiña toda a axenda do ano cuberta. Este ano propuxéronme que fixera algo e eu comenteilles a idea de facer unha obra adaptada ó lugar, sen modificar a estrutura do mercado para representar na clausura do evento. Quedaron moi ilusionados pero aviseinos de que mo comunicaran con moito tempo de antelación a resposta final. NON ME DIXERON NADA e, moi ó meu pesar, a estas alturas xa temos máis que completo o ano. Unha vez máis a cousa quedará no aire.

Paco Piñeiro
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2013 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0