Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un Goya para un mindoniense
Na IV edición dos premios Goya (os Óscar do cine español) recibiu o Goya de honra en recoñecemento a toda unha vida adicada ao cine o mindoniense Victoriano López García.
Enxeneiro Industrial de formación, Victoriano ingresou na Subcomisión Reguladora da Cinematrografía en marzo de 1940 co cargo de xefe de sección de materias primas e laboratorios. Cando se disolveu esta subcomisión, pasou ao Servizo de Ordenación Económica da Cinematografía, sendo designado subxefe do servizo e xefe da sección de industria tal e como se publica no B.O.E. do 12 de xuño de 1952. Tempo máis tarde desempeñou o cargo de xefe de créditos e secretario técnico do Instituto Nacional de Cinematografía, xefe de mercados cinematográficos e de subvencións.
Ao inicio dos anos corenta do pasado século inicia a súa labor como docente nun curso de cine organizado pola Escola Especial de Enxeñeiros de Madrid e a finais desa década fundou e dirixiu o Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas (I.I.E.C.), que posteriormente se pasaría a chamar Escola Oficial de Cinematografía. Foi profesor de destacados directores como Luís Garcia Berlanga, José Luís Borau, Juan Antonio Bardem, Carlos Saura, entre outros.
Tivo tempo tamén para fundar e dirixir a revista ?Cine experimental?, coa cal editou onde números no ano 1945.
?Técnica del cine sonoro, en color y relieve?, ?Lecciones sobre cinematografía?, ?La industria y la producción de películas?, ?La industria cinematográfica española?, ?Electroacústica?, ?Acústica? ou ?Chequeo al cine español? son algúns dos tratados que publicou o mindoniense.
No ano 1999 celebrouse en Mondoñedo o primeiro centenario da chegada do cinematógrafo á cidade -lembremos que a primeira proxección cinematográfica que se organizou na provincia de Lugo tivo lugar en Mondoñedo- e con tal motivo rendeuselle unha merecida homenaxe na súa cidade natal a quen tanto fixera polo cine español, por aquel entón colocouse na súa casa unha placa de mármore que recorda en letras vermellas que ?D. Victoriano López García naceu en Mondoñedo o 23 de marzo de 1910?.

Fran Bouso




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0