Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Monocultivos de vento
Levamos non sei canto tempo queixándonos do problema do monocultivo do eucalipto en Galicia, berrando a un lado e ao outro a facilidade coa que se poden expandir as pragas ao existir esta planta desde A Guarda ata Ribadeo por practicamente toda a costa, falando do problema das variacións dos prezos e doutras moitas problemáticas relacionadas con aspectos culturais, sociais, ecolóxicos, económicos, etc.
Agora en Galicia estamos a fomentar outro monocultivo: o dos aeroxeneradores eléctricos, unha especie que empeza a ter moitos seguidores, pero tamén detractores, normal por outra banda pois cando alguén se empeza a destacar tamén é cando máis inimigos e amigos lle saen, é decir nesas circunstancias deixa de ser indiferente.
O día antes do San Froilán constituíase en París unha plataforma europea contra as centrais eólicas, denominada European Platform Against Windfarms ? EPAW, pouco despois de As San Lucas xa contaban con máis de cento setenta socios (enténdanse asociacións) de once países europeos.
Os da EPAW afirman que, segundo os estudios que eles teñen realizado, os parques eólicos apenas reducen as emisións de dióxido de carbono á atmósfera pois a forma de producir enerxía é intermitente e debido a ese motivo sempre ten que existir unha fonte de producción paralela que soen ser centrais térmicas que queiman combustibles fósiles.
Antes preocupabamonos por se o eucalipto ía mal, agora tamén nos ten que preocupar se os muiños de vento que invaden os montes galegos son ou deixan de ser rentables a todos os niveis. E se ven unha praga?
Páxina da EPAW
Comentarios (3) - Categoría: Opinión - Publicado o 15-01-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Ti pensa e xa está non é suficiente, ti pensa e actúa
A Fervenza perdidaRecordas aquelas tardes de verán, cando petaba o sol e iamos chorreando suor por San Lázaro abaixo na procura do refresco da Fervenza?. Recordas cando ao chegar ao Coto nos metiamos por entre as árbores, naquel camiño que servía de escondite para os primeiros xogos amorosos?.
Recordas?.
Recordas que daquela todos tiñamos jacuzzi porque a auga e as penas ó unínoso nolo entregaban?.
Ti recórdaste?.
Se cadra agora todo eso está perdido. Perdido non só porque xa non eres un neno, nin eres un mozo. Perdido non só porque xa tes perdida a maxia e a ilusión. Non só perdido por eso.
Se alguén non o remedia, ti e máis eu e máis ti e máis ti; si ti, ti tamén perderemos o que era noso, perderemos a imaxe viva dos recordos da infancia e da mocidade, perderemos o escenario polo que discurriron moitas das nosas vivencias xuvenís. Perderémolo.
E perderémolo porque donde había agua, van ?Deus queira que non- por aceiro; o que era verde, convertirase en gris; o que era granito, será formigón; o que era ledicia será pena, impotencia, desilusión? decadencia.
E ti e máis eu, e ti; si ti, ti tamén, imos deixar que eso suceda?. Imos deixar que nos remexan os miolos para facernos ver que o que van facer é productivo?. Claro, levamos toda a vida esperando que veñan de fóra para por fábricas, para que creen postos de traballo, para que nos traian riqueza e agora que veñen non queremos deixarlles que cumplan cos nosos ansiados desexos. Pero, paráchete a pensar: Cantos postos de traballo van xerar?1, Canta riqueza van crear?. Ti pensa e verás que non merece a pena. Ti pensa e verás que vas ter que pagar moito máis do que che van dar. Ti pensa e xa está.
E preguntaraste: De que me estás a falar?. Fáloche de que na Fervenza, o lugar ao que sempre lle chamamos Piscina ou un pouco máis abaixo o Pozo ou un pouco máis arriba o Paraíso, neses lugares fermosos queren instalar unha minicentral electrica e deixar sen auga a zona e enchela de ferro e cemento. E ti valo permitir?.
Xa somos moitos os que queremos que eso non suceda, que o proxecto negativo non se convirta nunca en realidade, e ti qué?. Ti pensa e xa está. Ou non, mellor ti pensa e actúa, fai forza cos demais e non deixes que calen a túa voz. Ou prefieres deixar pasar o tempo e logo ter que dicir unha vez máís: E que nunca fan nada?. Facer, hai que facer, pero de facelo, facelo ben.


(1) Postos de traballo que se crearán en Mondoñedo unha vez esté en pleno funcionamento a minicentral que pretenden instalar na Fervenza = 0. Será operada por telecomando. ^
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 02-01-2009 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Gamberradas inocentes?
Fotografía de "La Voz de Galicia"O pasado sábado de madrugada é decir ás sete da mañá do domingo, día dos Santos Inocentes fun victima dunha "inocentada". Eu, ao igual que os demais veciños e veciñas do número 42 da Avenida de Bos Aires de Ourense vimos en perigo a nosa integridade física debido á estupidez duns tontos ou atontados que non tiñan nada mellor que facer a esa hora que coller uns folletos publicitarios, prenderlles lume e tiralos nuns sofás que había na entrada do edificio. Esas non son inocentadas, nin gamberradas nin nada que se lle parece eso é ser malas personas que fan estupideces.
Fai uns anos pola noite de San Xoán, na Coruña, vin a uns adolescentes botando gasolina ou algún líquido inflamable no rodillo dunha óptica e plantalle lume, pareceume perigoso e avisei á policía.
En Mondoñedo, ao igual que noutros moitos lugares de Galicia, na noite das fogueiras existe a tradición de ir buscar carros, arados e outras ferramentas e escondelas ou levalas para a praza da vila, ese tipo de "gamberradas" ata teñen a súa gracia, pero facer mal, por en perigo a vida das persoas ou destragar cousas coma a réplica dunha palloza esta mesma fin de semana na Fonsagrada non ten ningunha graza, absolutamente ningunha.
A experiencia vivida o sábado: máis de media hora atrapado polo fume, deixoume moi claro que é preciso invertir en seguridade cidadá. En concellos como o de Mondoñedo ou comarcas como a de A Mariña aínda estamos agardando por non sei que ou quen para que se poña a funcionar un parque de bombeiros e non contamos nin sequera cunha motobomba fiable (nalgunha ocasión a existente no Concello de Mondoñedo non ten encendido cando houbo algunha emerxencia) e por haber non hai nin unha escaleira hidráulica pública que poda sacar a alguén pola ventá nun caso como o que sufrín o sábado.
Moitas veces vin pola prensa que estaban convocadas concentracións diante do "futuro" parque de Bombeiros de Barreiros e nunca se me ocurríu ir. Nos medios de comunicación vía que acudían unicamente os membros de protección civil, algún que outro político que hoxe teñen cargos de certa importancia pola Deputación e que nin con eso consiguíron por a funcionar o parque e tres ou catro veciños.
A día de hoxe se se convocan novas concentración eu sei que vou ir e anímovos a todos e a todas a reclamar maiores dotacións para seguridade cidadá.
E se os estúpidos gamberros que plantaron lume o sábado pola noite son postos nas mans da xustiza: Señor Xuiz, Señora Xuiza a pena que para eles pido é que se pasen dez anos da súa vida limpando tódalas fins de semana no edificio que puxeron en perigo.
Nova recollida en "La Voz de Galicia" do luns, 29 de decembro
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 29-12-2008 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0