Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As comparacións son odiosas

Comparar ou comparase non resulta gratificante, nin productivo, nin positivo en moitas ocasións. A pesar diso os humanos temos ese mal vicio e constantemente estamos pondo na balanza diferentes aspectos. Se tivéramos que comparar a Mondoñedo no tocante á súa poboación este estaría máis próximo a localidades coma Lourenzá, Alfoz, Valadouro, Abadín ou Riotorto e bastante lonxe de concellos como o de Foz, Ribadeo, Viveiro, Burela ou Vilalba.
Mondoñedo leva perdendo poboación máis dun século e continúa sumido nesa viaxe que non sabemos a donde o levará, sen embargo o nivel de gasto corrente de Mondoñedo é moi elevado debido a diversos factores entre os que destaca o elevado número de persoal. Non digo que non sexa necesario, pero si insostible.
Como dixo Cantinflas nunha das súas películas e repetíu nun dos plenos de inicio da presente lexislatura un concelleiro do Partido Popular a cuestión é moi sinxela: Por unha banda temos o "Debe" o pola outra o "Haber". Deber debería haber, pero haber non hai.
Busquemos o colo das outras administracións ou inxeniemos formas de financiación. Por que non selar unha "Primitiva"?. Por que non subastar o nome das rúas? -menuda tolería, pero foi o primeiro que se me pasou pola cabeza-. Non sei, porque non por unha desas cabinas de cobro de peaxe ao paso da Autovía do Cantábrico polo Padornelo?, jajajjaa, esto recórdame algo, foi unha situación entre moi divertida e vergoñenta que vivín nunha ocasión e que non vou contar agora.
A cuestión é esa, será Mondoñedo o concello que encabece a loita pola financiación local que tanto precisan tódolos concellos deste Estado?. Oxalá.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 14-04-2009 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Un bo home
Coñecino cando cheguei ao Instituto de Mondoñedo. Un día entrou pola porta da aula de 1ºA, andaba informando sobre unha decisión tomada por algún órgano colexiado: "En primeiro non haberá eleccións de delegado ata que esté avanzado o curso (...) dado que aínda non vos coñecedes (uns viñamos do CEIP "Álvaro Cunqueiro", outros do Seminario, algúns de Lourenzá e outros de de Abadín). O seu característico bigote metía algo de respeto, moito máis sabendo que era o director. Sinaloume co dedo e díxo: "Ti pareces bo deportista, ocuparás o posto de delegado ata as eleccións", por suposto non dixen nin pio.
Debido a estas funcións mantiven varias reunións con el ao longo do curso e tomáronse decisións, algunha delas cuestionable como por exemplo a de encher de terra das fontes do xardín, pero é unha cuestión subxectiva e todos temos dereito a errar algunha vez, pero desta volta o erro -se é que o houbo e se é así posiblemente sexa subxectivo- xunto coa súa honestidade levouno a dimitir do seu cargo.
Estaba e está moi ben recoñecido entre a clase política lucense, decían del e dicen que "non se lle subeu o cargo á cabeza". E sempre que puido botou unha man aos amigos e aos amigos dos amigos, eso é dun home bo, pero ás veces non se pode ser bo, ou si, nunca se sabe o que é mellor porque eso non deixa de ser, unha vez máis, unha cuestión subxectiva.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 24-03-2009 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
A música na escola
En ocasións os pais e nais de nenos en idade escolar queixánse do elevado número de materias que os seus fillos teñen que cursar, e aínda por riba a eso hay que sumarlle as actividades extraescolares. Matemáticas ou linguas (sobre todo o castelán) son materias que parecen indiscutibles, que claramente teñen que estar no currículo da educación obrigatoria, sen embargo hai outras disciplinas que parecen moito máis accesorias, entre elas a que leva a palma é música, en boa medida porque cando os que hoxe son pais estudaban (durante o período obrigatorio) esta materia non aparecía no seu plan de formación.
Ao longo de boa parte da historia da humanidade a música aparece como elemento de importante valor formativo. Sabemos que xa na Antiga China, esta materia era considerada como medio para a reforma da moral pública, así o estimaba o sabio Confucio. Platón igualaba en categoría a música coa retórica, a dialéctica e as matemáticas e empregábaa como disciplina para formar aos mozos. Quintiliano estableceu que a música era disciplina obrigada na educación. Carlomagno favoreceu o estudio musical no mundo occidental. Na Idade Media a música estaba incluida no Quadrivium. En Atenas foi moi cultivada e estudiada. No Renacemento, a música pasa de ser un elemento útil para a formación a convertirse nun espectáculo. Esta situación manterase ata mediados do século XIX. Foi daquela cando se volta tomar conciencia do valor educativo da música, un dos principais recuperadores foi John Curwen, ao cal seguiron outros, xa no século pasado, como Willens, Dalcroze, Ward, Kodaly ou Orff, os que están considerados como os pais da actual pedagoxía musical.

¿Cales son os beneficios da música como ferramenta educativa?
Os ámbitos da personalidade humana son tres: mental, físico e afectivo-social. A educación musical é capaz de desenvolver estes tres polos.
A educación tradicional só se preocupaba de desenvolver nos nenos e nas nenas os aspectos relacionados co ámbito cognoscitivo e psicomotor, deixando a un lado o ámbito afectivo-social. Na actualidade, as novas correntes pedagóxicas entenden que deben ser desenvolvidos os tres ámbitos da personalidade, xa que estes son interdependentes e están interrelacionados.

A música é unha ferramenta capaz de formar de xeito globalizado nos tres ámbitos da personalidade a través, por exemplo, da canción. Cando se está a traballar con este tipo de material, pomos en funcionamento os mecanismos mentais, xa que hai que aprender a letra da canción (interiorizala e memorizala), físicos (técnica vocal) e establécense lazos afectivos e relacións sociais (cantar en conxunto, disfrutar co canto...).

O aprobeitamento da música para a formación dos nosos nenos e nenas é de gran utilidade, pero tamén hai que ter claro que durante o período da escolarización obrigatoria a música debe ser unha ferramenta para axudar a formar a personalidade e non debemos utilizar a persoa (o alumno ou a alumna) para facer un músico, para este fin existen outras institucións formativas como as Escolas de Música ou os Conservatorios.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 19-01-2009 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0