Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Feijoo: un galego máis, presidente de tódolos galegos
Esta mañá prometeu o seu cargo como presidente do Goberno de Galicia o ourensán de Os Peares residente en Vigo Alberte Núñez Feijoo. O discurso que pronuncio o novo xefe do executivo galego no Pazo do Hórreo esta mañá comezou e rematou citando "ao mindoniense máis universal", Álvaro Cunqueiro o "mestre" en palabras de Feijoo.
O Presidente declarouse galeguista e disposto á procura do consenso, precisou que procurará a confianza dos galegos cada día. Visiblemente emocionado agradeceu o esforzo realizado pola xeración dos seus pais e esperanzado no que a mocidade galega "perfectamente preparada e universal" pode facer por este pais.
A galega foi a lingua empregada na maior parte do seu discurso e recurriu ao castelán en determinados momentos, como cando se dirixiu ao Vicepresidente do Goberno de España.
O acto pechouse coa interpretación completa do Himno Galego.
A imaxe de Alberte Núñez Feijoo é de renovación, de cambio, de compromiso. Agardemos que día a día nos vaia demostrando que estas cualidades se manteñen ou que incluso se melloren.
Noraboa Presidente e sorte que será a sorte de todos os galegos.
Comentarios (1) - Categoría: Opinión - Publicado o 18-04-2009 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Radio Mondoñedo

Oficialmente Mondoñedo conta cunha emisora de Radio de titularidade privada, emisora que non funciona como tal senón como un simple repetidor que reemite a programación que se realiza nos estudios de Radio Mariña-Cadena Ser na rúa Nicolás Cora Montenegro de Viveiro, empresa pertencente ao grupo Radio Lugo.
Non é doado que as administracións públicas concendan licencias para a explotación de emisoras de radio comerciais e menos en municipios de de un baixo número de habitantes, como é o caso de Mondoñedo.
Fíxense: Abadín non ten emisora comercial, nin Alfoz, nin Lourenzá, nin Riotorto, nin a Pastoriza, nin Barreiros nin... nin Valadouro (que si conta cunha emisora municipal). Concellos próximos a Mondoñedo que teñen licencias concedidas para radio comercial son Ribadeo (Cope e Onda Cero), Foz (Cadena Cien -ainda que se emita desde Ribadeo- este municipio tamén conta cunha radio municipal), Viveiro (Cadena ser e Cuarenta Principales e Vilalba (Cope e Radio Principal-Cadena Ser).
É unha mágoa que os directivos de Radio Lugo decidiran deixar sen persoal a emisora de Mondoñedo, situción que se ven dando desde mediados dos anos noventa.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 17-04-2009 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Miscelánea Mindoniense: novo blog na rede
Desde comezos do presente ano está na rede un novo espazo en forma de bitácora que trata temas mindonienses: Miscelánea Mindoniense, un "sitio" ao que lle deu vida e mantén o intrépido invertigador local Andrés García Doural.
Este blog conta con diferentes seccións (Cronición, Mondoñedo F.C., galería fotográfica de Mondoñedo...).
Podes acceder a ela desde aquí .
Bo uso quérelle dar a benvida á rede a Andrés e a noraboa polo traballo de investigación que leva facendo desde fai moito tempo.
Esta nova achega tecnolóxica pon de manifesto o gran potencial humano que ten Mondoñedo para promocionar a localidade na rede, algo que resulta paradóxico ante a situación de non contar cunha páxina oficial do Concello de Mondoñedo.
Tamén pon en evidencia a pouca apertura que ten o goberno acutal e tivo o anterior coa sociedade mindoniense, que conta máis cos "irmaos" ferroláns que cos propios mindonienses.
Mondoñedo ten grandes riquezas monumentais, patrimoniais, paisaxísticas, naturais... pero sen lugar a dúbida o máis importante é o pontencial humano e creo que se está a infrautilizar ou directamente desaprobeitando.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 16-04-2009 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0