Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ogullo de vecino (edición impresa)
Esta é unha fotografía tomada á edición impresa de "El País Semanal" co artigo titulado "Orgullo de vecino", que asino eu.
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 02-03-2014 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Orgullo de vecino
Este foi un encargo de "El País Semanal" que me fixeron por indicación do Alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz e supoño que sería por aquela contestación que lle din á xornalista de "La Razón" que chamou "aldea" a Mondoñedo.

Enlace para ver a publicación dixital completa.
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 02-03-2014 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
De tapeo en Mondoñedo
29/11/203 El Progreso - A Mariña


Esta fin de semana celébrase en Mondoñedo a sétima edición do concurso de ?tapas?, sen lugar a dúbidas é unha boa opción para pasar uns fríos días de finais de novembro e comezos de decembro ao calor dos moitos bares da localidade -practicamente todos- que participan nesta nova edición na que non faltará a imaxinación, arte culinaria e boa materia prima para condensar nun apetitoso bocado o sabor e o saber mindoniense.
O concurso ten dúas modalidades, polo que cada establecemento participante ofrecerá aos seus clientes dous petiscos diferentes: un tradicional e outro máis innovador e os consumidores poderán converterse en críticos gastronómicos por unhas horas para valorar o traballo dos hostaleiros. Ademais, polo feito de ofrecer a súa valoración a través das papeletas que haberá en tódolos bares entrarán no sorteo dunha estancia de fin de semana nunha casa de turismo rural e dun lote de viño da Ribeira Sacra.
Ben seguro non faltarán os cantos e outras fontes de diversión e animadas conversas propias das tabernas.
Haberá tres días (venres, sábado e domingo) para poder participar no concurso, pero eu xa levo tempo xerando zumes gástricos a máis non poder como os cans de Pávlov simplemente cos nomes das preparacións que nos ofrecerán. Para interpretar algún deles (?Pectum maximus mini hibiscus surprise?) tiven que armarme con varios dicionarios e aínda así non consigo saber de que especialidade gastronómica se trata, un valor engadido máis para este evento. Outros nomes veñen cargados de creación autóctona como é o caso de ?A8 (tramo Padornelo)?, no que seguro que non faltará unha escuma de algo simulando a néboa ou ?En Galgao caín deitao?, que se me antolla unha elaboración con moito picante. ?Apreixo exótico? parece prometer estalidos de sabor. Non faltarán petiscos preparados con polbo (algún da Chaira), pito (de curral, claro) e cogomelos, moi propios deste tempo.
A oferta de ocio desta fin de semana complétase en Mondoñedo co primeiro Mercado Extraordinario que abrirá as súas portas o sábado e o domingo no pavillón polideportivo de Viñas da Veiga.





tapeo
Comentarios (0) - Categoría: Revista de prensa - Publicado o 02-03-2014 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0