Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rincóns de Mondoñedo: Música acuática. O gozo dos sentidos
Muiño de ArcedianoSaíndo dos Muiños de Arriba, camiño dos muiños de Abaixo hai un paseo agradable para todos os sentidos. Fai anos, nos da nenez os pícaros dos muiños iamos alí a xogar ás canicas, Medioquilo sempre gañaba. Daquelas o camiño era de terra e podíanse facer "guás" donde quixeramos: non había máis que desgastar un pouco o talón do zapato a modo de taladradora sobre a terra.
Nada máis pasar a Casa do Cego está a Fonte dos Pelamios (ou dos Catro Canos) eu non sei a cantidade de agua que bota, pero un día ocurríuseme por unha xarra dun litro nun caño e encheuna nun segundo, eso multiplicado por catro da catro litros por segundo, sen contar a auga que sae polo aliviaoiro.
A dos pelamios é unha auga "fresca no verán e máis temperada no inverno", apuntaba Cunqueiro quen tamén afirmaba que un día ao ano botaba auga do Río Xordán.
Pecho os ollos e párome a escoitar o sonido harmónico da auga ao petar sobre a auga co baixo contínuo que chega desde o aliviadoiro do muiño de Arcediano. Esa si é unha verdadeira música acuática. Facede a proba.

Do oído veño de falar.
Para a vista é un rincón que poderiamos chamar pintoresco, aínda que non sei moi ben o que quere dicir, pero é bonito.
Para o gusto, aínda que sempre nos dixeron que a auga é incolora e insípida eu non mo creo: probade a auga da fonte.
Para o tacto: non hai máis que meter as mans e se se pode moito mellor os pés debaixo dun dos canos da fonte. Esa si que é unha eperiencia orgánica e non a do champú.
Ao haber tanta auga no lugar o aire é fresco e limpo, se cadra polo olfato non percibes nada, pero non percibir nada é bo sinal.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 10-12-2008 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0