Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A paz, please
PeaceNós á Paz, chamámoslle Paz,
agás a algunhas que lles chamamos Paci, Pacita ou Mari Paz.
Os anglofalantes á paz chámanlle ?peace?,
como nós lle dicimos a mexar.
Por eso penso que a paz é sana, aliviadora, dadora de vida;
porque mexar é san, alivia e permíteche seguir vivindo.
Anímovos a mexar,
a facer ?peace?,
a facer paz.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 10-12-2008 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
A cloaca estreñida
A cloaca estreñida¡Ola!. ¿Alguén me escoita?. ¿Hai alguén aí?.
Non pode ser. Ninguén me fai caso, nin miña nai, nin o meu avoiño. Síntome soa e desprotexida, e aínda encima estou enferma. Si, como aquela ovella que saía tanto na televisión, Dolly. Tamén son un experimento xenético.
A miña nai aliméntame ben, dame tódolos desperdicios da obra : pedras, areas, barro, herbas e zumes de tódolos gustos, pero estou estreñida e non fago máis que engordar e engordar, tanto que penso ue dentro de pouco terei que provocar o vómito. ¿Convertireime entón en bulímica?
A miña nai non me fai caso. Creo que me fixo por pracer e que me paríu por non rebentar.
Rebentar, rebentar hei rebentar eu como siga así. Esto non pode ser. Cando o meu pai falou co médico para deseñarme pedíulle moitas cousas: que me axeitase ó entorno, que non fose moi grande e, sobre todo, que fose boa tragadora, pero non se lembrou de pedirlle que me fixese un intestino groso nin un ano (son cousas que pasan).
O meu pai está lonxe, é albanel e destinárono a unha obra de reconstrucción dun país que estivo en gerra moi, moi lonxe de aquí. É aló polo oriente, preto de onde veñen os Reis Magos. Díxome que se cadra viría con eles este nadal.
O meu avó, pobriño el, que pena me da. Ten tantos problemas e asuntos en que pensar: o polígono industrial, a cidade da cultura, os aparcadoiros soterrados, a remodelación do mercado, a sala de autópsias do Cemiterio Vello... ¡Tantas cousas na súa cabeciña!. E cando se acorda dalgún de nós, os seus netos, só pensa nas miñas curmás: Deseña, Moderna e Contenporánea Farola. El quere velas ben peiteadas, exquisitamente vestidas, robustas, nutridas. Eu non o culpo, ademais nada tivo que ver no meu deseño.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 10-12-2008 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de programa de televisión. Xa te vexo televexo
Xa te vexo, televexoMoi boas noites donas e cabaleiros;//// nenos e nenas a esta hora é mellor xa estar en cama que Casimiro, Los Lunis e as Tres mellizas xa se deitaron fai un cacho.

Benvidos a este novo programa, Xa te vexo televexo que nace coa intención de entretelos durante uns cantos minutos.

Empregamos poucos medios, non porque non dispoñamos de máis, é a nosa pequena contribución ó aforro enerxético e así tamén axudamos á reducción da capa de ozono.

Pretendemos estar lonxe dos criterios de telelixo que tanto se están discutindo ultimamente... e falando de telebarredura, eu penso que o que deberían facer é obrigar a colocar ?esquelas?, coma nos paquetes de tabaco, nese tipo de programas:
Imaxínanse que en Salsa Rosa aparecera un lema dicindo: ?Este programa perjudica seriamente la salud (mental, por supuesto)?,

ou ?El consumo habitual de este programa puede provocar diarrea mental, si lo está viendo intente no abrir la boca en los próximos días: puede cagarla? mentres o Javier Sardá está ?moderando? a mesa de ?Crónicas marcianas?,

ou que lles parece poder ler mentras se emite ?Gente? ou ?Corazón de...?: ?Algunas imágenes de este programa pude provocar impotencia?,
sería recomendable que o puxeran cando sae Marujita Díaz ou unha destas.

Seguro que habería alguén capaz de invertar algún elemento decorativo que tapara as mensaxes, o mesmo que acontece cos paquetes de tabaco e as pitilleiras.

De tódolos xeitos a xente seguiría consumindo eses programas, igual que hoxe moitos seguen fumando.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 10-12-2008 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0