Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Néboa
NéboaNéboa,
manta branca que cubres a cidade,
que humedeces os miolos e pesas nos corazóns
FUXE!.´
Néboa,
mar de agua branca que bañas a cidade,
que fas vivir,
imaxinar.
Queda.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 11-12-2008 01:30
# Ligazón permanente a este artigo
Auga, petróleo do século XXI
AugaQuen?.
Quen foi?.
Quen o dixo?.
Non.
Non pode ser.
A auga é túa.
A auga é miña.
A auga é nosa.
A auga non é das Koplovich.
Primeiro foi o ouro,
logo o ouro negro,
agora: Auga, petróleo do século XXI.
A auga non é túa.
A auga non é miña.
A auga é nosa.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 11-12-2008 01:26
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de insonmio
Panca de control do cambio de agullas
Onte tocou noite de insomnio.
Deron as dúas, as tres, as catro....
e escoitei o tren.
Non podía estar en Mondoñedo.
Estaba en Monforte.
En Lugo, tren, Monforte.
Tivo máis.
Xa o leva no escudo,
que non sei se é máis polos templarios
ou polo ferrocarril.
Chaca, chaca... pi, piiiiiii,
ou a ?Mikado?: bip, biiiiiiiiiip,
coma o ?Correcamiños?.
Adormecera lendo un poemario de Manuel María
que durmira cincuenta anos en Mondoñedo.
E paseei.
Vin un control de vías.
Unhas pancas de cambio de agullas.
E pensei na vida,
no destino,
no cambio,
en Iñaki Gabilondo,
en Antón Meilán.
O fecho estaba aberto,
podería move-la panca.
Pero non me atrevín.
Comentarios (0) - Categoría: Cousas (con perdón de Castelao) - Publicado o 10-12-2008 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0