Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un veciño de Lindín atentou contra o Rei?
Alfonso XIII e María Eugenia, foto oficial da bodaO 31 de maio de 1906 casaban na Igrexa dos Xeromes de Madrid os monarcas españois Alfonso XIII e Victoria Eugenia. Ao sair da ceremonia un ramo de frores que escondía dúas caixas de caudais con diversos compoñentes químicos era lanzado desde o balcón dunha pensión próxima por un anarquista catalán, Mateo Morral. O artefacto non acadou o obxectivo de alcanzar aos recén casados pero si provocou dúas ducias de mortos e máis dun cento de feridos.
Ata aquí e a grandes rasgos é o que sabemos por diversas fontes de información sobre o atentado que sufriron Alfonso XIII e Victoria Eugenia, pero teño oído e incluso aparece relatado nalgunha novela que neste atentado participou un veciño de Lindín. Haberá algo de certo nesto?.

Video da BODA E ATENTADO de Alfonso XIII e María Eugenia.


Videos tu.tv
Comentarios (0) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 14-01-2009 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Besos de madre
Radio Mariña era unha emisora mixta que emitía Ser convencional de mañá e 40 Principales de tarde
Tal día coma hoxe, víspera de Reis fai uns cantos anos: aló polo 94 ou 95 estabamos nos estudios da Cadena Ser en Mondoñedo facendo un programa especial das festas no cal había concursos e chamadas telefónicas para saudar, felicitar e adicar cancións.
Ao fronte da nave estaba o polifacético Waldo González e xunto a el en diversas cuestións de producción César Fernández e un servidor.
Recibimos unha chamada telefónica á que contesta en antena Waldo cunha perfecta entonación radiofónica:
Waldo- Y continuamos en la sintonía de los Cuarenta Principales A Mariña, 94.8 - 99.3 de la F.M. y parece que tenemos una nueva llamada. Buenas tardes.
Oínte- Buenas tardes Waldo.
W- Que querías: participar en nuestro concurso, dedicar una canción...
O- Si, quería dedicar una canción.
W- Y qué canción quieres dedicar.
O- Quería dedicar "Besos de madre".
W- "Besos de madre", Besos de madre no está en la lista de los Cuarenta Principales de esta semana, pero... de quién es "Besos de madre"?.
O- Pues no lo sé.
W- Podría tararear un poco de ese tema, "Besos de madre" dices que se llama...
E o oínte comezou: "Because the night...". (Que pronunciado soaría algo así como: Bicos de nai).



A canción solicitada polo oínte ten moitas versións unha delas é a de Patti Smith que vos deixamos de agasallo de Reis no seguinte video:



Que os Reis Magos de Oriente, que estou convencido de que existen pero non traen agasallos materiais, vos traian moitas cousas inmateriais.
Comentarios (0) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 05-01-2009 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Que grande é o mundo!
Non recordo en que ano foi, pero si sei que daquela estábase a celebrar en Mondoñedo a final do Campionato de España de "Vuelo libre", polo tanto deduzo que sería aló por finais dos setenta ou principio dos oitenta.
Era verán, pero un día de moita néboa a esa hora da mañá, era ben cedo. Aquel día os homes-paxaro non poideron sobrevoar o ceo de Mondoñedo facendo o seu percorrido habitual que tiña como partida o pico do Padornelo e como meta o Campo de Fútbol, hoxe en día Municipal "Viñas da Veiga".
Moi cedo, como digo, desde Sopena, dunha casa que estaba bastante preto dunha das entradas "non oficiais" da Cova do Rei Cintolo partía cara Lugo un coche que levaba a unha señora duns setenta anos con pouco pelo, e o pouco que tiña xa tirando a gris máis que a branco e que refrexaba na súa cara a amargura do paso do tempo. Acompañaban a aquela señora, o seu fillo e a súa nora.
A visita á capital de provincia era debido a unha doenza que viña soportando desde había algún tempo e á que non lle atoparon remedio os médicos de Mondoñedo.
A viaxe non era nada cómoda, había moitas curvas, moita néboa e bastante dor.
Chegando a Vilalba o matrimonio mozo decidíu facer unha parada para tomar un café.
No momento en qué aparcaron o Seat 127 branco ao carón da sucursal do Banco Pastor de Vilalba a señora preguntou: E xa chegamos?. Ao que o seu fillo respondeu: Non, aínda estamos pola metade do camiño. Que grande é o mundo! -dixo a señora das canas grises-.
Comentarios (2) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 30-12-2008 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0