Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fraga e o "Merlín"
Cando organizamos a primeira lectura pública da obra de Cunqueiro en Mondoñedo aló polo ano 2001, decidimos convidar a Manuel Fraga ao acto. Por aquel entón ostentaba a presidencia da Xunta de Galicia e ademais fora amigo persoal do escritor mindoniense. Non dubidou en aceptar e nada, nin a neve que caeu na Xesta aquel 28 de febreiro, lle impediu chegar ata o consistorio mindoniense para participar na lectura do ?Merlín e familia?, peza escollida para a ocasión. ?Que chamen ao helicóptero se é necesario? -dixo Don Manuel ante a imposibilidade de continuar camiño pola nacional 634 en automóbil. Finalmente non foi necesaria a aeronave para desprazar ata Mondoñedo ao Presidente da Xunta, unha máquina quitaneves arranxou o problema e a comitiva oficial foi quen de continuar camiño polas curvas que traen ao val.
Primeiro foi a visita ao Cemiterio Vello de Mondoñedo para deixar ante a tumba do escritor un ramo de flores e despois un breve paseo levounos ata a Casa do Concello.
Unha vez sentados no Salón de Plenos, os asistentes levaron unha sorpresa: En lugar de iniciar Fraga a lectura do ?Merlín?, foi Carmiña Cunqueiro -irmá do escritor- a encargada.
-Vai asistir algunha persoa da familia? -preguntaron días antes desde Protocolo de Presidencia.
-Si, a irmá de Cunqueiro -respondín eu.
-Entón será mellor que sexa ela que inicie a lectura da obra.
-Sen problema.
Canto lle comentei ao resto da organización o detalle preguntáronme cal podería ser o motivo do cambio. Eu collín o exemplar do ?Merlín? que levaba na man e cunha voz de pronuncia pouco clara comecei a ler o texto: ?Tal e como agora eu vou, vello i anugallado, perdido cos anos o lentor da moza fantasía...?

Fran Bouso
Comentarios (0) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 25-01-2012 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Carta a Cunqueiro no seu centésimo aniversario
Mondoforte, 22 de nadal de 2011

Admirado Sr. Cunqueiro:
Desculpe o meu atrevemento ao molestalo con estas verbas nun día tan especial para Vostede.
Antes de nada, permítame presentarme, pois nunca antes me tivera dirixido a VD.; cando marchou do Mondoñedo da terra eu tan só tiña cinco anos recén cumpridos e, que eu recorde, nunca nos temos cruzado pola Venecia mindoniense que por aquel entón era o meu espazo vital. Mellor que presentarme, se quere saber de min, pódelle preguntar ao meu pai que está moi preto de VD. aí no ceo dos mindonienses.
Teño entendido que cando estivo aquí as cousas, a nivel persoal, non lle foron todo o ben que deberían en moitos aspectos, pero quero que saiba que hoxe, nesta ?cunquiña deleitosa? da que falou Leiras ténselle gran respecto e admiración, proba delo é que o pasado sábado nos xuntamos en Mondoñedo preto de milleiro e medio de persoas para renderlle merecido homenaxe nun novo atrevemento de pór en escena a súa obra ?Merlín e familia?. Se desde aí arriba nos estivo mirando, ben seguro que lle provocamos a risa en máis dunha ocasión, sobre todo pola mañá no transcurso da mesa redonda que tiven a honra de moderar na compaña de Antonio Reigosa, Armando Requeixo e a dona de Francisco Piñeiro. O amigo Paco non puido estar presente, pois ese día despedía ao seu pai que collía o camiño que VD. botou a andar o vinteoito de febreiro do oitenta e un. Alí tamén estaba Suso do Bahía e outros moitos amigos e amigas de aquí e de acolá. E (...) agora que me dou conta VD. tamén. Non me decatara diso ata este momento no que lle estou escribindo, pero neste intre confirmo a súa presenza: Con quen falaba Suso senón cando interrompeu o seu discurso?.
E foi o último en marchar: Cando todos abandonamos a sala para ir cara ao Auditorio, mirei á pantalla de proxección que hai no salón de actos da Casa da Xuventude e vin a sombra da súa figura, pero pasoume desapercibida, de non ser así teríao saudado. Descúlpeme. Dous días máis tarde, o pasado luns, recibín unha chamada de José Manuel Corral preguntándome que que fixera co proxector de vídeo que na pantalla aparecía unha sombra que non daba desaparecido... Eu non fixera nada... agora caio... era VD. que seguía alí
Ben, xa non sei que é o que lle ía contar, pásame moito ultimamente, que quero falar dunha cousa e acabo botando un discurso interminable sobre algo que non ten nada que ver, pode influír que mentres estou escribindo esta carta a miña filla Paula está pedíndome que lle saque a bata, que lle deixe buscar a Hello Kity no ordenador, que vaiamos a Mondoñedo, que a colla no colo, que lle cante unha canción...
Pois nada, xa me despido que vou cantar ?No niño novo do vento?.
Parabéns e que cumpra moitos máis.
Atentamente,
Fran Bouso.
Comentarios (3) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 22-12-2011 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
O dedo cocido
Xente bruta haina en todas partes e en tódalas familias, en Mondoñedo non podía ser menos e así suceden algunhas cousas como as que lles vou a relatar:

Alguén me contou que nunha ocasión un veciño de Mondoñedo acudíu ao médico (o médico que había e ben coñecido por todos) porque tiña un problema nun dedo. O doutor recomendoulle que le puxera "formentos" -creo recordar que este é o nome dun procedemento que consiste en meter a parte afectada, neste caso o dedo, en auga quente con sal para conseguir a súa cura-.
Pois ben, o home era tan brutiño que, como o médico lle dixera que aguantara o tempo que lle fora posible co dedo dentro da auga, el o que fixo foi por unha pota ao lume, botarlle sal en abundancia meter o dedo en cuestión no líquido e deixar que fora quecendo a auga. O home aguantou con estoicidade pois tiña claro que quería curar e canto antes mellor, pero tanto aguantou que literalmente coceu o dedo.
Vendo que a cousa en lugar de mellorar ía a peor decidiu volver a visitar ao facultativo. Nada máis chegar á consulta o doente mostroulle o dedo.
O médico non puxo moi boa cara e o paciente preguntoulle:
-E agora que fago?.
Ao que o Doutor contestou:
-Agora cómao.
Comentarios (0) - Categoría: Anecdotario mindoniense - Publicado o 03-02-2009 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0