Bo uso


A BITÁCORA DE FRAN BOUSO
Un blog aberto para falar desde Mondoñedo ou calquera outro lugar do mundo sobre Mondoñedo e as súas cousas ou sobre as cousas do mundo.



Fran Bouso

Crea tu insignia

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 GALERÍA FOTOGRÁFICA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

De río a Río
Serie: Mondoñedo de cine
nº 76 22/08/2017
LVG-AM e RV

Ilustración: Antón Caxoto
Texto: Fran Bouso




Del Miño al Bidasoa é un libro de viaxes de Camilo José Cela publicado pola editorial catalá Noguer en decembro de 1952 no que se narran as peripecias dun vagabundo que inicia no Condado (Pontevedra) un camiño que o levará ata as terras navarras regadas polo Bidasoa ou Baztán. A obra ten a súa orixe en trece crónicas publicadas no xornal madrileño ?Pueblo? en novembro de 1948 nas que o de Padrón describe unha viaxe que el mesmo fixera o verán anterior. José Briz Méndez dirixiu a adaptación audiovisual deste libro de Cela no ano 1990. O documental de aventuras está dividido en cinco episodios nos que Nicolás Dueñas dá vida ao peregrino que percorre a Cornixa Cantábrica. No capítulo 1, titulado ?Trancos galicianos? aparecen lugares de Lindín (min.42) simulando que é Goiriz (Vilalba) e planos do val do Valiñadares (ao que chaman Valadiñares), Igrexa dos Remedios e praza da Catedral. Tamén se rodou no interior da Catedral de onde aparecen tomas das pinturas murais e do órgano.
Nas secuencias seguintes o camiñante visita San Mariño de Mondoñedo (Foz) e Ribadeo. Nesta produción de Televisión Española (TVE) participan entre outros José Antonio Labordeta, que interpreta a un equilibrista e vendedor de viraventos de papel; o veciño Manolo Lourenzo, que fai de Benitiño do Chao, curmán do camiñante e Antonio Ferrandis, que pon a voz en off. O xornalista e poeta Antonio Lucas xunto co fotógrafo José Aymá percorreron este verán o camiño que Cela camiñara 70 anos antes e están a publicar as súas crónicas no xornal para o que traballan baixo o título ?Viaje literario. Del Miño al Bidasoa?. Na segunda entrega os neovagabundos chegan a Mondoñedo, lugar que describen como ?pueblo triste de tradición relojera. Un territorio como sin cuerda, y eso que lo conocemos en fiestas. Hace años que no está Cunqueiro, pero el mismo musgo se mantiene en los tejados?. Lucas fai esta descrición con serenidade, sen ter visitado antes o río Xunco do que o pasado sábado efluían aromas da XXXIX edición da Queimada Popular de Cervo na que o debuxante Caxoto andivo argallando en corpo e alma. Antonio e José
deixáronse levar en Mondoñedo polo embruxo do Merlín Montero ?Un hombre dulce y raro. De modales suaves. Tiene demasiados retratos con
distintos alcaldes que en verdad parecen el mismo. (Eso pasa mucho con los alcaldes)?. Juan Soto escribiu, tamén estes días, desde ?El Garabato del Torreón? nun artigo titulado ?Mas turistas, por favor?: ? Si se trata de hablar de la torpeza de algunas instituciones en materia de política turística, el caso de Mondoñedo, una pequeña y fascinante ciudad repleta de monumentalidad e historia, es altamente ilustrativo. A cuento de Mondoñedo, alguna vez hemos escrito aquí mismo acerca de lo que parece un connatural estado de apatía de las autoridades locales, de hogaño y antaño?.

«Cittaslow»

O que para uns son os beneficios dunha cittaslow para outros é amargura, nunca chove a gusto de todos. O que si é certo é que a choiva vai polos ríos cara o mar e se o Valañidares soa é porque leva auga. E falando de ríos, hai un ano por estas datas estabamos a celebrar que a nosa veciña Susana Rodríguez Gacio ía participar nas Paraolimpíadas do Río.
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 28-11-2017 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Tamén en Internet
Ilustración Antón Caxoto
Serie: Mondoñedo de cine
nº 75 15/08/2017
LVG-AM

Ilustración: Antón Caxoto
Texto: Fran Bouso



Desde o inicio deste verán vimos tratando no Outeiro de Mondoforte cuestións relacionadas co cinema e o audiovisual de Mondoñedo adiantándonos ao recoñecemento que o Grupo fotocinematográfico Fonmiñá fará o vindeiro mes de setembro na XXXIX Semana Internacional do Cine de Autor de Lugo (SICA) ao gran renovador do cine español, o mindoniense Victoriano López García. Aínda quedan asuntos sobre os que escribir nesta travesía que nos levará ata que finalice a estación.

Falamos de Victoriano, o señor do cine; de Zully moreno, a Rita Hayworth arxentina e tamén do seu irmán; de Luís Cayón, que foi guionista, actor e case director; non esquecemos a Cunqueiro nin a Xe Freyre e tampouco aos que hoxe seguen a traballar no audiovisual e teñen o futuro por diante como é o caso de Ruth Chao, Miguel García ou Xián Freire. Ademais dos profesionais, debemos deixar constancia da encomiable labor que realizan algúns mindonienses divulgando vídeos de temática local a través das redes sociais e das diferentes plataformas de internet. Un dos pioneiros foi, o recentemente finado, Jesús Calleja. ?Midonium.es ? el portal de todos los mindonienses? e ?Mondoñedo.net? son outros exemplos neste sentido. Unha das pezas de temática mindoniense máis vistas nos últimos tempos a través da rede é o videoclip da canción de Carmen R. Lage ?Sempre Mondoñedo?.

Pola rede circula o documental ?Martín, o home paxaro?, de Inés Uhía no que se recollen imaxes rodadas en Mondoñedo durante a celebración do Campionato de España de voo libre do ano 1979. Ademais das alas delta e os homes paxaro, aparecen planos do val tomados desde o Padornelo e da zona de aterraxe situada nas instalacións deportivas de ?Viñas da Veiga?. Nas tomas recoñécense a algúns mindonienses entre os que está Carlos Folgueira, ?O Rei das Tartas?, un popular reposteiro que ten sido convidado a moitos programas de televisión, entre os máis destacados está o ?Un, dos, tres?.

Parece interesante o convenio asinado entre a Universidad a Distancia de Madrid e a Rey Juan Carlos co concello de Mondoñedo mediante o cal promoven o grupo de investigación ?Proxecto Retinae? a través do cal pretenden investigar as posibilidades das novas tecnoloxías audiovisuais como a imaxe en 360º, a realidade aumentada ou a virtual misturado todo isto coas posibilidades que ofrecen os avións non tripulados coa finalidade de crear produtos audiovisuais e multimedia que sirvan para a promoción da localidade.

A primeira retransmisión vía streaming realizada desde Mondoñedo tivo lugar o 15 de marzo de 2014 con motivo da XXV concentración mototurística ?Ruta N-634? a través da desaparecida páxina web www.motomondonedo.com.



Enlace ao artigo na edición dixital de La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 21-08-2017 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Hai futuro
Ilustración: Antón Caxoto
Serie: Mondoñedo de cine
nº 74 08/08/2017
LVG-AM

Ilustración: Antón Caxoto
Texto: Fran Bouso




O audiovisual mindoniense gravou un rico pasado, pasa o presente con xeito e proxéctase cara o futuro. Aquí traio tres exemplos:

A realizadora e produtora Ruth Chao naceu en Mondoñedo no ano 1976. No seu haber ten a produción dos programas de televisión ?Cazador de palabras? (2009) e ?Bo Proveito? (2005) , das series de ficción ?Avenida de América? (2002) e ?Fíos? (2001), dos documentais ?Radiografía dun autor de tebeos? (2010) e ?Pluto: The Last Frontier? (2015) que tamén dirixiu. Como directora, asinou o documental ?Is anybody out there?? (2015) do que ademais é coguionista xunto con Alphonse de la Puente e codirixiu, con Javier Silva, ?2050? (2006), premio ao mellor documental na V edición dos Mestre Mateo. O seu último traballo titúlase ?Life in outer space? (2016). Ruth é socia fundadora, xunto con Alphonse de la Puente, da produtora e distribuidora ?Somadrome? que traballa no mercado internacional para as principais plataformas de emisión entre as que cabe destacar Discovery Channel, BBC, Foxtel, Aljazeera, Movistar+ ou TVE. As producións de ?Somadrome? tratan contidos de actualidade, ciencia e coñecemento da natureza.



Os inicios do mindoniense Miguel García Fernández (1984) no audiovisual son como produtor executivo de ?Contect@2? (2006), curtametraxe que narra unha relación amorosa a través de internet. Nese mesmo ano produce ?Sin Plomo?, peza que obtén 32 nominacións en diversos festivais coas que acada 11 premios ademais de vender os dereitos de emisión a diferentes medios. É produtor executivo da curta ?Houston?, realizada en colaboración co Festival de Cans e traballou como produtor, guionista e codirector do documental ?Ferro ardendo?, unha peza que leva á pantalla as vivencias das rapas das bestas. ?Pantin Classic? (2009), unha produción sobre o campionato do mundo de surf celebrado na comarca de Ferrolterra e ?Paixón por Ferrol? (2010), unha ollada diferente da Semana Santa ferrolá son outros dous dos seus traballos como coprodutor e director. No 2011 realizou o documental ?Lugnasad? que versa sobre a festa celta de Bretoña (A Pastoriza). Voltou á ficción con ?Mr Smith and Mrs Wesson? (2012), unha curtametraxe de acción. ?Pastoriza, un mar verde? e ?Mercado medieval de Alfoz? son dous traballos nos que se implicou ao longo do 2013. Xunto con Álvaro Liste encárgase da realización de ?As San Lucas. 860 anos de feira?, sobre as feiras máis antigas de Galiza.


Compostelán de nacemento, pero de pais mindonienses, Xián Freire (1987) é Técnico Superior en Son e Graduado en Comunicación Audiovisual. Traballou en filmes como ?O bonito crime do carabineiro? (2009) e ?Emilia Pardo Bazán, la condesa rebelde? (2011).
Colaborou na realización das curtametraxes ?Vento Ferido? (2015) baseada na obra de Carlos Casares e ?Luscofusco? (2016). Na actualizade está a preparar a adaptación á linguaxe audiovisual da novela ?Cando o gato mira de esguello?.

Enlace ao artigo publicado na edición dixital de La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: O OUTEIRO DE MONDOFORTE - Publicado o 07-08-2017 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Fran Bouso - Mondoñedo T.I.C.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0