Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Obra de teatro RESTAURANTE FARRUCO
Noraboa aos que fixeron posible esta posta en escena tan boa e divertida!

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-06-2015 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
VIAXE A SÁLVORA E A ONS
Como remate de actividades deste curso 2014-2015 compartimos co grupo de astronomía e co club de lectura unha viaxe ás illas de Sálvora e Ons. Mereceu a pena coñecer estas dúas xoias do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Se queredes ver fotos visitade a FOTOBLOGOTECA.
QUE TEÑADES UN BO VERÁN!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-06-2015 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0