Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VISITA Á CIDADE DE PORTO.
Onte pasamos un día inesquecible na cidade portuguesa de Porto. Visitamos a famosa livraria Lello e Irmao, coñecida por aparecer nunha secuencia dun dos filmes de Harry Potter; e a Casa da Música, onde nos explicaron algunhas curiosidades desta arte e do edificio.
Decatámonos de que ao sabermos galego sabemos portugués e podemos comunicarnos coas persoas do país veciño sen dificultades.
Agora toca descansar para collermos forzas para o vindeiro curso. Agardámosvos!!!
BO VERÁN!!!
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 28-06-2011 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
EXCURSIÓN CO CLUB DE LECTURA
O pasado venres 24 celebramos a despedida do Club de Lectura e o comezo das vacacións de verán cunha ruta por Donón e Cabo Home. Pasamos ademais unha xornada de praia estupenda. Xa sabedes, se vos animades a ler connosco o vindeiro curso seguro que o pasaremos igual de ben ca este. Boas vacacións e a seguir lendo!
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 28-06-2011 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO "FALA CON NÓS"
Aquí tedes o vídeo gravado polo alumnado do EDLG para o concurso Correlingua 2011.



Se tedes curiosidade podedes ver o resto dos vídeos no seguinte enlace.
CANLE DE YOUTUBE CORRELINGUA
Comentarios (0) - Categoría: TRABALLOS - Publicado o 01-06-2011 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0