Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TOL@S POLA TELE

O noso grupo de teatro Enxebre
deleitounos onte cunha obra de
teatro na que parodian varios
programas de televisión: Luar,
as telenovelas, a teletenda,
as badaladas de fin de ano...
Fixéronnos rir a cachón e
demostránnos que son uns
grandes artistas. Noraboa a
todos e a todas!
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 24-06-2010 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
CHEGAN AS VACACIÓNS!!
Por fin están aquí as vacacións de verán! E parecía que nunca chegarían... Despois de moito traballar, mañá teredes as notas e poderedes gozar da praia, do sol, d@s amigo@s... E se alguén ten que presentarse en setembro, que estude con ánimo e optimismo.
Non esquezades que hoxe é a noite de San Xoán e temos que saltar as cacharelas para espantarmos os meigallos, pero tede coidado e non vaiades queimarvos...
Pasade un bo verán! Vémonos en setembro...
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 23-06-2010 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
II EDICIÓN DO CONCURSO DE CALIGRAMAS "17 DE MAIO"
O xurado do Concurso de Caligramas este curso tívoo un pouquiño máis difícil. Eran tantos e tan ben feitos os traballos presentados que lles custou decidirse. Ademais temos que dicir que todos foron realizados por autores e autoras de 1º de ESO.
Finalmente decidiron outorgarlle o primeiro premio a esta fermosa flor feita por Abel Gómez de 1ºA. A piruleta deseñada por Ángel Villar, tamén de 1º A, recibiu o segundo premio.
Noraboa aos dous!
Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 09-06-2010 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
POR ONDE ANDA A PERXEBRIÑA (6)?
Ola outra vez!
A señora Perxebriña decidiu cambiar de aires e dar outro paseíño ao sol.
Aínda que andastes un pouco perdidos nas anteriores fotos, a ver se atinades nesta.
Apurade que xa quedan poucas!
Comentarios (3) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 03-06-2010 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0