Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BOAS VACACIÓNS!!
Co curso a piques de rematar queremos enviarvos o noso agradecemento a todos e todas os que colaborastes co BouEnxebre neste seu primeiro ano de navegación virtual.
Agardamos que os resultados das notas sexan bos,pero se queda algunha para setembro non vos esquezades dela...
Como teredes unha chea de tempo libre, propoñémosvos que vaiades facendo algunha foto de calquera lugar do concello de Bueu que a simple vista non sexa facilmente recoñecible. Ide arquivándoas e falamos en setembro.
Pois iso, feliz verán dende o Bouenxebre!!!
Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 22-06-2009 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
O CORPUS EN BUEU

Convidámosvos a que vexades as fotos das alfombras do Corpus feitas por Michi o pasado domingo. Como podedes observar, non falta a vea crítica e innovadora nos deseños...
Se vos gusta esta, tedes máis na Galería Corpus 2009.
Comentarios (1) - Categoría: TRABALLOS - Publicado o 19-06-2009 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (X)!
Aí vos vai unha neniña que vai ser un pouco máis difícil de descubrir. Apresurádevos que vos queda pouco tempo...
Comentarios (12) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 16-06-2009 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (IX)!
Como estivestes tan rápidos coa foto anterior, propoñémosvos unha un pouco máis difícil. Este neno tan riquiño anda polo centro só algúns días da semana. A ver se dades con el.
Comentarios (7) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 02-06-2009 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0