Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu |
|
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu! |
|
A TRIPULACIÓN |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
17 de MAIO: LETRAS GALEGAS |
|
 O venres 16 de maio non vos perdades o festival das LETRAS GALEGAS a última hora no salón de actos (despois da obra de teatro de COMEDIANTES ANÓNIMOS). Haberá agasallos e outras sorpresas!
PREMIOS DO EDLG E DA BIBLIOTECA
> |
|
|
|
CORRELINGUA 2014 |
|
O martes 13 de maio zarparán do noso instituto unha chea de tripulantes de 3ºESO, 4ºESO e 1ªESO polas rúas de Bueu. Terán como misión (xunto con máis centros educativos do Morrazo), provocar unha grande marea branca chea de verbas galegas e espallalas pola vila.
A capitana María Portela Gómez (1ºESOB) e o capitán Daniel Durán Chapela (3ºESOA) do noso instituto serán os encargados de ler parte do manifesto, xunto con outros dous alumnos do IES Rodeira de Cangas.
Feliz Correlingua! |
|
|
|
|
|