Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NA PROCURA DO TESOURO
Aínda que as preguntas parece ser que vos foron un pouco difíciles esta vez, xa temos gañadores do concurso: Roque Pastoriza de 1º de ESO-B e Daniel Boubeta de 2º de ESO-A. Noraboa aos dous!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 28-05-2012 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
NA PROCURA DO TESOURO
Xa podedes anotarvos na biblioteca para comezar a busca do tesouro. Os 10 enigmas que debedes resolver están situados nun panel da entrada do centro e tedes ata o 18 de maio para entregar a folla de respostas.Sorte e que gañen @s mellores!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 07-05-2012 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0