Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONTACONTOS NO CEIP A PEDRA
O pasado día 25 de maio os nosos contadores e contadoras de contos acudiron ao CEIP A Pedra para contar as súas historias. Os contos foron os seguintes:
- Tío Lobo
- O segredo da illa de Ons
- Once damas atrevidas

- O home que quedou na casa
- A nova historia de Carapuchiña


O alumnado dos diferentes niveis foi pasando pola biblioteca do colexio para gozar da representación dos nosos contacontos de 1º de ESO, 2º de ESO e 1º de Bacharelato.
Se quederes visitar a biblioteca do cole A PEDRA e saber más da súa actividade podedes facelo pinchando aquí.

http://bibliocasteloapedra.blogspot.com/
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 31-05-2011 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
INTERCAMBIO CO CPI SANTA LUCÍA DE MORAÑA
O pasado xoves 27 de abril o alumnado de 3º de ESO do CPI Santa Lucía de Moraña veu coñecer Bueu e o noso centro, dentro do intercambio organizado polos EDLG de ambos os centros. Xuntos visitaron o noso instituto, a lonxa, o centro da vila e a zona de Udra, onde comemos e mesmo algún atrevido-a se meteu na auga. No Faro de Vigo quedou constancia desta visita.
Posteriormente, o 9 de maio foi o noso alumnado o que viaxou ata Moraña. Alí fixeron unha ruta de sendeirismo por unha zona espectacular, foron convidados a xantar no comedor do centro e acudiron á presentación de varios traballos elaborados polo propio alumnado sobre a zona.

Un ano máis, coñecemos xente nova, un lugar diferente e vivimos unhas xornadas moi divertidas.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 31-05-2011 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADORES DO CONCURSO DE DESEÑO POÉTICO
Aínda que non o tivo nada fácil, o xurado por fin escolleu os dous traballos premiados. Tratábase de ilustrar uns versos de LOIS PEREIRO, autor homenaxeado nas LETRAS GALEGAS 2011.
O primeiro premio foi para EVA AVENDAÑO e BELÉN AGULLA e o segundo para SANDRO CAEIRO, todos eles de 4º de ESO. Parabéns!
Moitas grazas a todas as persoas que participastes, pois a calidade dos traballos foi moi alta e a decisión difícil.

Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 30-05-2011 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
FRAN ALONSO NO NOSO CLUB DE LECTURA
O mércores día 25 tivemos a oportunidade de parolar co escritor Fran Alonso, autor do libro Cartas de amor, unha serie de relatos en forma de cartas escritas por diferentes mulleres relacionadas polo amor, o desamor, as desgracias e as lemnranzas.
Puidemos falar con el sobre os temas que o inspiran á hora de escribir ou sobre a escolla dos títulos e das portadas dos libros, pero tamén o escoitamos recitar poemas do seu último libro O meu gato é un poeta.
Se queredes saber máis sobre el, recomendámosvos os seguintes enlaces sobre o autor. Se preferides entrar no seu Facebook, podedes facelo dende aquí.
Sobre
Blog do autor
Cabrafanada
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 26-05-2011 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
XA TEMOS GAÑADORES!
O pasado luns día 23 entregamos os premios aos equipos gañadores do concurso "NA PROCURA DO TESOURO". O 1º premio foi para o equipo "AF1DJC" de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas (Jonatan Bernárdez, Débora Tilve e Cintia Costa) e o 2º para "Os piratas do tesouro" de 1º e 2º de Bacharelato (Andrea e Esperanza Broullón, Salva Brión, Óscar Bernárdez e Ángela Martínez).
Agradecémosvos a tod@s @s concursantes a vosa participación e agardámosvos o ano que vén resolvendo novos enigmas.
Por se vos quedou algunha dúbida das respostas correctas, podedes ver as solucións no taboleiro da entrada.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 26-05-2011 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
III CONCURSO DE LÉXICO ESPECÍFICO PARA PCPI
Xa temos gañadoras e gañador do concurso de léxico de PCPI.
O 1º premio conseguírono DINA NOEMI PELA e SHEYLA NAVARRO (PCPI de Peiteados) polo seu traballo "Aparellos".
O 2º premio foi para LEANDRO FERNÁNDEZ PORTELA (PCPI de Pesca e Transporte Marítimo) polo traballo "Luces de navegación".
Noraboa a eles e a tod@s @s participante, pois a decisión do xurado foi moi complicada.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 19-05-2011 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2011
Desde o noso centro homenaxeamos a Lois Pereiro ilustrando algúns dos seus versos, que están expostos na entrada do centro.
Neles o noso alumnado amosa unha nova forma de ver a poesía.
Sorte a tod@s os-as participantes! En breve entregaranse os premios.
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 18-05-2011 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Á PROCURA DO TESOURO
Aínda estades a tempo de anotarvos para o concurso Á PROCURA DO TESOURO. Tedes que pasar pola biblioteca para que vos dean a folla de respostas e resolver os 11 enigmas que tedes na entrada do centro. Cando os teñades debedes entregar a folla na biblio,ata o VENRES 13 DE MAIO.
Podedes gañar 90 ou 60 euros, eh?
Así que animádevos e participade.
Sorte a tod@s!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 06-05-2011 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0