Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POR ONDE ANDA A PERXEBRIÑA (5)?
Ola detectives!
Na anterior foto si que vos custou descubrir que a Perexebriña andaba por Hermelo. Non digades que eses campos non son recoñecibles...
Pois seguindo o camiño enviounos outra foto moito máis fácil. Aquí a tedes.
Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 27-05-2010 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADORES DO CONCURSO DE LÉXICO ESPECÍFICO DE PCPI.
Despois de darlle moitas voltas, o xurado por fin escolleu os traballos gañadores do II Concurso de Léxico Específico para PCPIs. Os traballos están expostos na entrada do centro e os gañadores son do PCPI de Construcións Metálicas: Carlos Pidre e Daniel Iglesias, que recibirán como premio candanseu reprodutor MP3. Entregaranse o vindeiro venres 28 no acto de despedida do curso que se celebrará ás 8 da tarde no salón de actos do centro.
O xurado tívoo moi difícil, pois todos os traballos eran moi orixinais.
NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES!
Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 26-05-2010 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
NA PROCURA DO TESOURO
Despois dunhas semanas dándolles voltas aos enigmas da PROCURA DO TESOURO, por fin o pasado mércores coñecemos os nomes dos gañadores.
O PRIMEIRO PREMIO foi para "OS DE SEMPRE": Óliver Freire, Cristian Bamio, José Manuel Ferreira e Pablo Piñeiro de 2º de Bacharelato B.
"AS ARRISCADAS" (Eliot Blanco, Rebeca Fandiño, Ana Ogando e Nerea Martínez, de 2º de Bacharelato e CM de Xestión Administrativa) quedaron en segundo lugar, que tampouco está mal.
O primeiro grupo gañou un vale de 90 euros e un lote de agasallos e o segundo un vale por valor de 60 euros e outro lotiño de material.
A entrega de premios será o venres 28 de maio ás 20 horas, no acto de despedida que se celebrará no salón de actos do centro.
Noraboa a todos e a todas!









Comentarios (0) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 19-05-2010 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
INTERCAMBIO CO CPI TOMÁS DE LEMOS DE RIBADAVIA
O pasado 4 de maio o alumnado de 3º de ESO do CPI Tomás de Lemos visitou Bueu. Acompañáronos os alumnos e alumnas de 3º de ESO, que xa os coñecían por carta (e por diversas redes sociais, aínda que en principio non entraba bo trato).
Visitaron pola mañá o museo Massó, o estaleiro de Purro e o concello. Ás 13:30 partiron cara á Illa de Ons,onde comeron e fixeron unha fermosa ruta (uns poucos, pois seica estaban moi cans@s).
Foi unha xornada moi divertida.
E por fin o venres 21 de maio foron @s buenenses a Ribadavia, onde coñeceron o colexio no que estudan @s nos@s nov@s amig@s, a cooperativa Viña Costeira, o espazo natural Ridimoas e o casco histórico da vila. E tamén probaron os doces xudeus e pasaron unha calor de xustiza!
Sen dúbida, dous días inesquecibles que lles gustaría poder repetir.
Podedes ver máis fotos na galería correspondente.

Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 13-05-2010 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
PAULA CARBALLEIRA NO JOHAN CARBALLEIRA
O alumnado de 2º de ESO tivo a oportunidade de ver un espectáculo de contacontos a cargo de Paula Carballeira. A actriz e escritora fíxonos rir no salón de actos o pasado martes 11 coas súas historias.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 13-05-2010 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
CORRELINGUA 2010
Onte o alumnado de 1º de ESO acudiu ao Correlingua en Pontevedra. Aínda que parecía que non ía estar moi bo día, a chuvia portouse e puidemos dar un agradable paseo pola Illa das Esculturas.
Podedes ver algunhas fotos na galería correspondente.
Non esquezades que O GALEGO É A FORZA DO NOSO AMOR.
Comentarios (2) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 12-05-2010 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
POR ONDE ANDA A PERXEBRIÑA (4)?
A Perxebriña continúa a súa andaina por Bueu. Onde a tedes agora?
Comentarios (3) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 10-05-2010 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0