Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

QUE TEMPOS AQUELES (VIII)!
OLA ENXEBRES!
Como a anterior foto vos deu moito traballo, propoñémosvos agora unha moi fácil e cunha importante pista na propia imaxe. A ver que vos parece...
Comentarios (4) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 28-05-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
REMATA O PRAZO PARA PROCURAR O TESOURO
Todos os grupos que participaron na fase A do concurso "Na procura do tesouro" pasaron á fase B. Fixérono moi ben e acertaron todas (ou case todas) moi rápido.
Agora só quedan dous días para entregar as respostas da fase B. No caso de haber empate,terase en conta quen o entregou primeiro, así que ide apresurándovos. Que haxa sorte!
Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 26-05-2009 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
QUEN NOS TEN QUE DICIR COMO SOMOS?
Miguel Ángel Martínez (3º ESO-B) seleccionou este artigo que responde aos moitos insultos a galegos que se atopan en internet. Haberá que seguir loitando contra os tópicos!

Manuel Zapatero // Los gallegos
Los que prepararan excelentes vinos frescos y afrutados no pueden ser unos ignorantes
Los gallegos son un colectivo extendido por todo el mundo, reconocidos como trabajadores incansables y creadores de familias numerosas. Vayas donde vayas siempre encontraras un gallego, que te hablará con morriña de su amada Galicia. En la América Hispana, se utiliza el término gallego como insulto, y motivo de risa. Gallegos son todos los tontos, los ignorantes y los retardados mentales. No es así como los ven en España, ya que Galicia, una de las Comunidades Autónomas Españolas, goza del aprecio del resto de los españoles, por su calidez, su hospitalidad y su cocina. Los que desarrollaron la empanada gallega, comida típica rellena de carne o pescado, no pueden ser unos ignorantes. Ni tampoco los que prepararan sus excelentes vinos frescos y afrutados. La realidad es que en España a los gallegos se les tiene por bastante inteligentes aunque un poco desconfiados. Cuando le preguntas algo a un gallego su respuesta se convierte en otra pregunta. ¿Ironía o desconfianza? Por fin les ha llegado el desagravio, ya que la Real Academia Española retirará "tonto" como sinónimo de gallego. En el 2013, cuando vea la luz la vigésima tercera edición del Diccionario de la Real Academia Española (DRAE), desaparecerá este sinónimo. Lamentablemente en la edición actual (2001), existe el termino despectivo "gallegada", como una multitud de gallegos. Pero también desaparecerá y con ello su significado burlón. Los chistes sobre gallegos han sido siempre chistes sobre españoles. Esperamos que no sólo desaparezca ese sinónimo en el DRAE, sino también los prejuicios de los iberoamericanos sobre los gallegos. Es un tema recurrente en reuniones entre amigos contar chistes sobre gallegos y, por supuesto, alrededor de su pretendida torpeza. Ciertamente que entre los habitantes de América hay muchos, pero que muchos descendientes de gallegos y yo soy uno de ellos. Especialmente son abundantes en Argentina en donde denominan gallegos a todos los españoles inmigrantes. Así que olvidemos la chanza tan manida, como decir, que los chistes sobre gallegos no son tales, sino anécdotas. ¡Gallego, a mucha honra!
Comentarios (1) - Categoría: ARTIGOS DE OPINIÓN - Publicado o 15-05-2009 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
MAIO: MES DAS LETRAS
Como xa sabedes, o mes de maio está dedicado ás Letras Galegas e temos un amplo programa de actividades previsto.
Lembrade que temos convocado o Concurso de Caligramas e de solución de enigmas "A procura do tesouro", cuxa primeira fase remata o xoves 14. Algún grupo xa ten case todos resoltos, así que apresurádevos...
Ah, unha axudiña: Carolina non pon o neno na saia cando chove... Así que tedes que seguir investigando.
Engadimos uns enlaces para que vexades uns caligramas e vos inspiredes.
Animádevos a participar!
Como facer caligramas?
Máis caligramas
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 12-05-2009 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE ACTÚAN OS COMEDIANTES ANÓNIMOS
Hoxe ás 21 horas temos unha cita cos nosos Comediantes Anónimos no Auditorio de Cangas. Representan "A Illa Amarela", peza que estrearon a semana pasada dentro da Mostra de Teatro do Ensino Secundario.
Convidámosvos a asistir (a entrada só custa dous euriños) e a botar unhas risas.
Comentarios (3) - Categoría: COMEDIANTES ANÓNIMOS - Publicado o 07-05-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
COMO VAI O MUNDO!!
O ENDL do noso centro xa asinou, como moitos outros, a adhesión á Coordinadora Galega dos ENDL. Agora mesmo estamos recollendo apoios individuais do profesorado e incluímos un enlace coas novas máis polémicas do novo goberno da Xunta.
Toda a información é pouca, que non nos enganen!
Noticias en Vieiros
Web da Coordinadora Galega dos ENDL
Comentarios (0) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 06-05-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (VII)!
Ola enxebres!
Como vemos que a última foto vos custou bastante traballo, propoñémosvos unha un pouco máis fácil e ademais regalámosvos unha pista: debedes relacionala con varias das persoas que xa saíron. Fácil, non?
Comentarios (12) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 06-05-2009 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA A PONTEAREAS
Onte por fin fomos a Ponteareas!
Como lles debiamos a visita,coñecemos a comarca do Condado e vimos o castelo de Vila Sobroso, o castro de Troña e a vila de Mondariz. Tivemos un día de forte sol e a camiñata de antes de comida abriunos o apetito. Ao chegarmos ao castelo xa pasaba da hora prevista, menos mal que o encargado nos agardou e nos ensinou todas as etancias...
Foi unha mágoa non poder entrar no balneario de Mondariz, pero polo menos probamos a auga da fonte medicinal (que sabía e cheiraba a raios...)
A verdade é que o pasamos moi ben, aínda que chegamos moi cansadiños-as...
Agradecémoslles dende aquí o bo trato recibido e mandámoslles saúdos.

EXCURSIÓN A PONTEAREAS
Cando chegamos a Ponteareas fomos directos ao IES Pedra da Auga, onde o director nos recibiu. Díxonos que estaba encantado de ternos alí e que esperaba que o pasásemos ben. Regaláronnos un pin do instituto.
Ao saír fomos ao Concello de Ponteareas. Alí recibiunos o alcalde, contounos un pouco o que iamos facer e regalounos unha revista para ver como era o Corpus na súa vila.
Cando saímos collemos o bus e fomos ao castro de Troña, tivemos que subir un pouco a pé, pero non foi moito. Alí unha profesora do IES Pedra da Auga comentounos a historia dese lugar. Descansamos un pouco e logo comezamos o camiño para ir ao castelo dos Sobroso. Entón si que tivemos que subir moito e ademais ía moita calor? Cando por fin chegamos, descansamos un pouco e despois empezamos a mirar o castelo, onde un home nos foi contando a súa historia. Cando rematou a visita xa era a hora de comer e cada un buscou un sitio onde poder comer á sombra e con tranquilidade. Estabamos moi cansos de tanto subir e de tanto andar?
Despois collemos os autobuses e fomos a Mondariz Balenario, que é moi bonito. Despois os profesores leváronnos ao río e alí puidemos descansar un pouco e merendar.
A verdade é que podiamos repetir, porque polo menos a min gustoume e así coñecemos máis sitios?
MARGA GARCÍA DACOSTA 3º ESO-A

Comentarios (1) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 05-05-2009 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0