Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES


Mergulládevos nun mar de fantasía e bo día do libro!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2014 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
NEIRA VILAS NO JOHAN CARBALLEIRA
Hoxe, 23 de abril, Día Internacional do Libro, tivemos a honra de poder contar coa presenza no noso instituto de Xosé Neira Vilas, escritor, xornalista e poeta pontevedrés de Gres (Vila de Cruces). A través da conferencia-coloquio coa que nos agasallou o autor de "Memorias dun neno labrego", poidemos achegarnos a súa obra, estreitamente relacionada coa súa vida, sobre todo coa súa infancia.
Defensor da nosa lingua, escribiu sempre en galego e, a pesares que sufriu exilio en Arxentina durante a posguerra, cando voltou a Galiza chegou segundo el "cun galego máis enriquecido" que cando marchou, froito das moitas cartas que o comunicaban coa súa familia.
Segundo as súas verbas: "Eu escribo porque escribo en galego".
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2014 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
NA PROCURA DO TESOURO
Anímate a participar na PROCURA DO TESOURO!
Tedes ata o 9 DE MAIO para presentar as solucións aos enigmas que a continuación vos plantexamos.
Non tedes máis que formar un grupiño de 2 a 5 persoas e ir á BIBLIOTECA a anotarvos e recoller a folla de respostas.
SORTE E QUE PESCUDEDES BEN!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-04-2014 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0