Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSO DE DESEÑO POÉTICO "17 DE MAIO"
1. Poderán concursar todos os alumnos e alumnas do centro de xeito individual ou en parellas.
2. Presentarase un traballo no que se ilustren un ou máis versos do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011: LOIS PEREIRO.
3. A técnica será libre o o formato tamén: fotografía, colaxe, montaxe....
4. No reverso do traballo figurará o nome e curso dos autores ou autoras.
5. Os traballos entregaránselles ás profesoras do departamento de Lingua Galega antes do venres 6 de maio e serán expostos na entrada do centro.
6. O xurado premiará os dous mellores traballos , sempre que a súa calidade o permita. Ademais, poderá conceder un ou
máis accésits.
7. Os premios serán:
- Vale de 50 euros e lote de material.
- Vale de 30 euros e lote de material.






Comentarios (1) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 15-04-2011 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0