Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MOSTRA DE TEATRO
Esta semana contamos no noso centro coas representacións da Mostra de Teatro de Ensino Secundario do Morrazo, nas que participou o alumnado de moitos centro da comarca. Hoxe venres celébrase o acto de clausura, pero aquí non remata todo... A vindeira semana podedes gozar polas tardes coas representacións que non puidestes ver estes días. Paga a pena!
Tedes información na entrada do centro e tamén lle podedes preguntar a algún membro dos "Comediantes anónimos".
Comentarios (2) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 30-04-2010 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
ONDE ANDA A PERXEBRIÑA (3)?
Ola detectives!
Parece que a segunda excursión da Perxebriña vos despistou un pouco... A ver se con esta terceira foto andades un pouco máis espelidos-as...
Comentarios (2) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 30-04-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
POR ONDE ANDA A PERXEBRIÑA (2)?
A Perxebriña segue a súa ruta polas praias de Bueu. Sabedes en cal está?
Comentarios (3) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 22-04-2010 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
23 DE ABRIL. UN POR OUTRO.
Con motivo da celebración do Día do Libro, podes deixar ata o venres 23 de abril na biblioteca ese libro que xa liches tantas veces e non sabes onde meter na casa. Todas as persoas que entreguen un poderán escoller outro o luns 26 de abril durante o recreo.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 21-04-2010 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DA PERXEBRIÑA
É un pracer presentarvos a nosa mascota: A PERXEBRIÑA, que leva uns días facendo turismo por Bueu.
Propoñémosvos un reto: tedes que adiviñar o lugar exacto no que se atopa en cada unha das fotos que nos vai enviando e contestarnos por medio dun comentario.
Lembrade, debedes ser o máis precis@s posible e indicar exactamente que aparece fotografado (monumento, rúa, fonte?) e onde se atopa, incluíndo sempre un topónimo de Bueu.
As persoas máis rápidas e que acerten máis lugares conseguirán importantes premios. Animádevos que a primeira é moi fácil. Sorte!
Comentarios (5) - Categoría: CONCURSOS - Publicado o 13-04-2010 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS TESTEATRO
Noraboa aos premiados no premio de textos teatrais TESTEATRO. Ademais de Lara Vidal (1º ESO B) e André Novas (1º ESO-A), que recibiron os segundos premios, temos no noso centro ao autor do primeiro premio: Mikel Blanco (1º ESO-A), unha historia de monstros diferente que aquí vos presentamos. Noraboa aos tres!

OS MONSTROS TAMÉN TEÑEN SENTIMENTOS

(Estamos nunha praia con palmeiras, cuns bancos e no fondo vese o mar. Aparece o narrador).
Narrador - Bonito lugar, ¿Non? Este lugar aínda non o descubriron os humanos, por iso está tan ben coidado. Este lugar só foi descuberto por uns estraños seres. (Pausa. Escóitanse ruídos ao lonxe) Parece que por aí veñen. A estes seres non lles gustan os humanos, así que non fagades ruído. Mellor escóndome.
(O narrador escóndese detrás dunha palmeira.Tras unha breve pausa entran uns seres cada un máis noxento que o outro. Un con pelaxe branco, grande e parecido un gorila, sobe encima dunha roca grande e os demais sentan nos bancos de arredor. Todos comezan a falar en voz baixa. O do pelaxe branco,farto,acaba por gritar.)
Yeti: (Gritando) ¡Silencio! (Todos quedan calados. Baixa o ton) Ola.Como todos sabedes,eu son o líder da U.L.M.F.P?
Narrador - ¡Stop! (Todos os monstros quédanse quietos) Seguramente os destes de conta de que son monstros,monstros que forman a Unión de Líderes dos monstros Frustrados polos Humanos. Continuemos. (Gritando) ¡Play! (Os monstros continúan)
Yeti:Aínda que son mais coñecido como o Yeti ou o Bigfoot. Como sabedes estamos aquí para decidir que facer cos humanos.Para iso imos contar as nosas queixas cos humanos. Empezarei eu?
Zombi Parvo: (interrompendo)Outra vez a mesma historia. Espertádeme cando me toque. (e o zombi tírase ó chan e empeza a roncar)
Yeti: Non me caeu ben dende o día no que me puxo petardos nos calzóns. Para amolalo será o seguinte.
Zombi Parvo: (con ton de fastidio) Para a próxima métoche pulgas.
Yeti: Imbécil! Eu vou contar a historia do meu pobo. Nós en realidade non somos monstros, somos un elo perdido da cadea da evolución. Antes eramos coma un gorila, pero máis grande; tiñamos un inimigo mortal: as aguias xigantes xa extintas.
(Escoita un grito de aguia, o Yeti amosa unha expresión de medo)
Yeti: Continuemos. Un día, fartos das aguias decidimos enviar a alguén a un poboado humano preto da nosa tribo para comprar moitos botes de pintura branca e ocultarnos na neve para enganar ás aguias xigantes e sobrevivir. Enviáronme a min para comprala; vestíronme coma un humano, fun ó poboado e compreina. (fai unha breve pausa) todos o botaron por todo o corpo, iso foi un gran error. Pola culpa diso os humanos consideráronnos trofeos e por iso a miña especie empezou a extinguirse, e agora? (con ton triste) só quedo eu? (unha breve pausa)
Todos os monstros: (ó unísono e con son triste) os monstros tamén temos sentimentos?
Yeti: Agora tócalle ó líder dos zombis: o Zombi Parvo.
Zombi Parvo: (levantándose do chan e con ton de cansancio) Que perguiza!
Narrador: (gritando) Stop! (páranse os personaxes e báixase o ton) Este zombi non é un zombi destes modernos infectados por un virus nin de esas parvadas. Este é un zombi resucitado por un bruxo dunha tribo surafricana para servir ós que lle resucitaron. Continuemos, (Gritando) play!
(O Zombi Parvo sobe á rocha onde estaba o Yeti e este ocupa o lugar onde estaba o zombi. O zombi bocexa e comeza)
Zombi Parvo: Todos sabedes a orixe dos zombis e o noso labor, así que vou ler o discurso que me preparou a miña secretaria: (Pega un bocexo e saca unha nota, sucia e fedorenta escrita a man e empeza a lela) zombis, hai pouco xa que só unha tribo do mundo sabía resucitalos e era pequena, e só faría uns cantos para servir a todos. Un día decidimos rebelarnos e matalos a todos. Conseguímolo pero cometemos un grande erro: só o bruxo podía volvernos a levar á tumba. Decidimos que o mellor sería vivir ocultos entre os humanos disfrazados de vellos. (bocexa) E así seguimos agora, ocultos entre a xente buscando un bruxo. (Con ton triste) A verdade é que é frustante que os nenos te chamen feo despois de que nós fósemos nenos e fixéramos o mesmo.
Todos os monstros: (ó unísono e con ton triste) Os monstros tamén temos sentimentos?
Zombi Parvo: (con ton feliz) ¿A quen lle toca?
Boogeyman: A min!
Narrador: (gritando) Stop! (os monstros quedan quietos, o narrador baixa o ton) O Boogeyman é o nome que se lle da en inglés ó típico monstro de debaixo da cama. Este monstro transfórmase segundo os medos de quen vai a asustar. A súa tarefa é asustar ós nenos que non dormen ou que o buscan. O seu nome significa ?home moco?, xa que comen ese fluído que lle sae ós nenos do nariz. Continuemos. (gritando) Play!
Boogeyman: (cámbialle o sitio ó zombi), antes de comezar invítovos a todos a un xeado de mazá.
Todos os monstros: Beeeen!
(Sae ó escenario un boogeyman que reparte os xeados de cor verde. Danlle unha lambetada e poñen cara de desgusto)
Boogeyman: Estes xeados están feitos de moco, (todos os monstros poñen cara de enfado) mocos de nenos. Durante xeracións tivemos que comer mocos pola tradición. Un día, eu fun a asustar a un neno moi papón que non quería durmir; de súpeto entraron os pais e eu tiven que esconderme no armario. Nese armario escondera chocolate. Comino e? Que delicia! Estaba moi bo, e iso non era o único que escondera alí. Miúdas delicias fan os humanos! Por iso eu propoño unirme a eles? quen é o seguinte?
(Escóitase o ruído do mar, sae ó escenario un monstro parecido a un lagarto morado da estatura dunha persoa, era Nessie)
Nessie: Eu son Nessie, o monstro do lago Ness.
Boogeyman: Pero, ti non eras máis grande?
Nessie: Podo variar o meu tamaño, vou contar a miña historia. Eu son un dinosauro que sobreviviu á chuvia de meteoros. Vivía no lago tranquilo ata que chegaron os humanos. Tiven que facer un túnel ao mar e tapalo para fuxir deles. Agora vivo no sucio mar no que o sucio mar no que os humanos botan os seus residuos. (con ton triste) Boto de menos antigo fogar?
Narrador: Cámara rápida! (os monstros móvense a cámara rápida finxindo que falan) Por votación decidiron ocultarse no fondo das gretas mariñas (os monstros vanse) non sen antes deixar a seguinte mensaxe.
Voz en off: Zombi, e as botellas de osíxeno?, (con ton histérico) e as botellas de osíxeno?!
Comentarios (2) - Categoría: ANUNCIOS - Publicado o 09-04-2010 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0