Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

INTERCAMBIO CO IES PEDRA DA AUGA (PONTEAREAS)
Despois de estar escribíndose cartas co alumnado de 3º ESO do IES Pedra da Auga de Ponteareas, os nosos alumnos e alumnas por fin puideron coñecelos onte ao longo dun día no que lles ensinaron algúns dos lugares máis representativos do noso concello.
Ademais de visitarmos o Concello, o Museo Massó e a Confraría de Pescadores pasamos a tarde na Illa de Ons. A viaxe no barco e a estancia serán inesquecíbeis.
Pronto iremos engadindo as impresións do alumnado, que xa está desexando coñecer Ponteareas!

O día 22 de abril viñeron os rapaces de Ponteareas a Bueu a pasar o día con nós e a coñecernos. Fomos ao Concello e despois ao Museo Massó, foi un pouco aburrido pero pasámolo ben. Saímos do museo e fóra sacáronnos fotos para o periódico, logo fomos merendar ao paseo da Banda do Río.
Máis tarde marchamos cara á Confraría e á unha e media marchamos para Ons. No barco ía moito frío, pero ao chegar á illa foise todo o frío, porque alí había moito sol. Comemos e marchamos a facer unha ruta e ó regresar fomos á praia.
PIOLÍN

Cando iamos no barco cos de Ponteareas recordei todos os veráns de traballo co barco cheo de xente! Como todos os anos, na Illa de Ons sempre me sinto mellor no medio do mar, gústame o ruído do barco cando vai pola auga, cálmame moito!
Levei unha decepción cando souben que Alba estaba enferma e Lázaro rompera unha perna (ou algo parecido). Espero que cando vaiamos a Ponteareas os coñeza por fin!
LOKA

Todos eran moi bos rapaces , caéronme todos ben, coñecín a máis rapaces á parte dos que lles escribira as cartas, por iso levei unha alegría. Foi unha decepción que non pudiéramos ir ao Burato do Inferno, supoño que lles encantaría porque se habían ver nos cantís os niños dos cormoráns de camiño ao Burato e alí a máis de un encantaríalle tirarlle pedras para escoitar os choques que ía tendo a pedra ata chegar ao fondo.
YAK

A iso das 15:30 saímos a facer unha ruta pequeniña. Chegamos ata o faro, uns antes e outros despois, pero ao chegar alí houbo un problema: o fareiro botounos fóra, non nos deixou entrar alí e cerrounos a porta!
TANIA

Paseino moi ben, aínda que ao principio estivese algo aburrida porque aínda non os coñecía moi ben e apenas tiña contacto con eles. Ó longo do día todo foi cambiando, funme xuntando con eles e cando chegamos á Illa fomos para a praia e rimos moito todos.
TRIANA

O noso intercambio na prensa
Comentarios (2) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 23-04-2009 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
CRÍTICAS DE LIBROS
EL VELO PINTADO de W. Somerset Maugham
El velo pintado conta a historia dunha moza, Kitty, que casa cun bacteriólogo, Walter, sen querelo. A parella marcha a vivir á China, onde Walter traballa. Porén, unha vez alí, Kitty coñecerá un home (C. Towsend, vicesecretario colonial) co cal enganará o seu marido. Cando Walter descobre o sucedido decide que tanto el coma Kitty se trasladen a unha rexión do país que se atopa afectada polo cólera.
Recomendo este libro porque considero que é bastante bo e, ademais, é distinto do que habitualmente nos mandan ler na clase, xa que El velo pintado está ambientado nun espazo exótico, non trata o amor dende un punto de vista idealizador e amósanos o tipo de educación que recibía a muller de clase alta nunca época na cal o matrimonio era a única ferramenta para cambiar a vida.
Para os que viron algunha das películas baseadas no libro, hai que dicir que o libro é moito mellor e que as películas non son moi fieis.

COUSAS de Alfonso Castelao
O libro está composto por 44 relatos moi breves que tratan temas como a emigración, a pobreza, a fame, o atrasa de Galiza, a opresión das clases baixas e dos marxinados por parte da fidalguía e dos novos ricos de América...
Creo que todo o mundo debería ler este libro xa que non leva moito tempo, os relatos son moi sinxelos de entender e moi entretidos e ademais amosan a situación na que se atopaba Galiza non hai moito tempo.
ANA SANTOMÉ, 1º BACH-C
Comentarios (0) - Categoría: CRÍTICAS DE LIBROS - Publicado o 20-04-2009 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (VI)!
Ola outra vez!
Aí vos vai outra foto misteriosa. Se vos fixades ben na cariña desta moza, non vos vai ser nada difícil. Animádevos e participade!
Comentarios (16) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 16-04-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
O QUE NON CONTAN NA CLASE
Fernanda (Lingua Galega)

1º Gústache o teu traballo?

Encántame.

2º De pequen@, que querías ser?

Monxa, mamá, enfermeira, debuxante e mestra.

3º Cales son as túas afeccións?

Ler, o monte, conducir, os xogos.

4º Que grupos de música che gustan?

O blues e o rock, a música tradicional.

5º Que libro che gustou especialmente?

?La vida, instrucciones de uso?(Perec)

6º Que che gusta e non che gusta do instituto?

Gústame o ambiente, estar co alumnado, coa xente en xeral.
Non me gusta o horario.

7º Cal é o te equipo de fútbol preferido?

Non me gusta o fútbol.

8º Segues algún programa de televisión?

Saber y ganar, AirGalicia.

9º Que comidas che gustan?

Ovos fritos.

10º Levas algún obxecto contigo sempre

O meu colgante.

11º Se tiveses de novo 15 anos, que farías?

Pediría volver ós 44.





Comentarios (0) - Categoría: O QUE NON CONTAN NA CLASE - Publicado o 02-04-2009 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (V)!
Ola enxebres!
Como Carmen Miñambres foi moi fácil de descubrir, agora propoñémosvos unha un pouco máis difícil. Fixádevos ben e non vos despistedes.
Comentarios (9) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 01-04-2009 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0