Voceiro do ENDL do IES Johan Carballeira de Bueu
Despois de moitos anos sen saírmos navegar, por fin partimos de novo e botamos os aparellos na rede. Este é o noso bou, non será o enxebre, pero esperamos que embarquedes connosco como antes fixo a xentalla que vos precedeu.
Pretendemos darnos a coñecer, contarvos todo o que está pasando e tamén que vos fagades oír contándonos o que queirades. Podedes entregarlle os vosos traballos a calquera membro do equipo e tamén acudir ás reunións que se vaian convocando.
Esperamos que vos guste e agardamos as vosas colaboracións! E se non, sempre podedes ofrecernos a vosas opinións (favorábeis ; ) por suposto) nos comentarios do blogue.
Saúdos enxebres desde Bueu!
A TRIPULACIÓN
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FALANDO COAS NOSAS AVOAS (3º ESO-B)
Sabedes o que é un bolo do pote, botar a hora ou a misión?
O alumnado de 3º ESO-B descubriuno o martes 17 de marzo grazas á señora Margarita (bisavoa de Rosi), a señora Amelia e a señora María del Carmen (avoas de Carla).
Compartiron connosco 50 minutos en que nos contaron unha morea de cousas da súa mocidade: como era a relación dos mozos coas mozas, a escola, os traballos,a roupa, as festas de Bueu...

Dende o ENDL agradecémoslles de corazón que compartiran o seu tempo connosco e que nos axudaran a coñecer o que case nunca se aprende na clase.

Estes son os comentarios sobre os aspectos que máis chamaron a atención dos alumnos e das alumnas:

- O que máis me chamou a atención era que cos sacos da fariña facían vestidos, blusas, sabas, roupa interior... ELYANA

- A xente escondíase dos falanxistas detrás das pedras. CARLOS REY

- Só quedaban cos mozos dous días á semana e darlles un bico era pecado. TANIA

- A historia de cando chegaron á illa de Ons cos barcos os homes de Franco ANTÍA

- Todas empezaron a traballar moi novas CARLOS LÓPEZ

- Con Franco collían os homes e levábanos. ROSY

- Andaban quilómetros e quilómetros cargadas con moitos quilos sendo cativas. TAIS

- Unha das señoras non foi á escola por iso non sabe nin ler nin escribir. IVÁN

- Contaron que ían buscar os homes ás casas e por todos os sitios e que os levaban á fonte (entre a lonxa e a praza) e os mataban dun tiro. CARLA

- As mulleres facían os traballos dos homes e non se cansaban MIGUEL ÁNGEL

- Os homes agochábanse na Illa e facían moitos masacres na vila. ELOY

- Estaba mal visto que un mozo e unha moza se bicasen en público, nos beizos e mesmo na meixela.
SARA, TRIANA, LETICIA, AINOA e ANDREA
Comentarios (2) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 18-03-2009 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (IV)!
Ola outra vez!
Como a anterior foi un pouco difícil, agora propoñémosvos unha moi sinxeliña. A pista máis evidente está na propia foto, así que abride os ollos.
Comentarios (33) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 13-03-2009 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA AO VERBUM
A saída didáctica do día 13 de febreiro ó Verbum foi decente no seu conxunto, aínda que aburrida na viaxe. Como diría Jack o Destripador, vaiamos por partes. O camiño de ida foi soportable, polo menos a radio tiña un volume baixo. Unha vez chegamos ó Verbum vimos unha exposición con fotos de Eduardo Blanco Amor. Creo recordar que na autorización poñía ?exposición sobre escritores medievais?, non sabía que o medievo durou ata o século XX...
Cando rematamos esta parte, pasamos a ver unha exposición sobre a vida dun monxe copista, como escribían e demais. Esta vez estiveron máis acertados na autorización, pero tampouco se pode dicir que se acertase. Que colosal tarefa fixo a persoa que imprimiu a autorización! Bueno, seguirei coa exposición. Cando entramos, deunos a benvida unha individua disfrazada que dicía chamarse Bieito. De verdade era necesario o disfraz? Despois fomos pintar nunha folla coma os monxes copistas. A pesar de non gustarme, non hai nada criticable nesta parte. Cando volvemos ó autobús ó condutor deulle por subirlle o volume á radio, que estaba posta nunha emisora de música de dubidosa calidade. O peor de todo foi a versión de Nothing Else Matters, de Metallica (unha das mellores baladas heavy da historia, se non a mellor) cantada por un grupo de pop comercial. Iso é insultar a Metallica, destrozando unha gran canción de tal maneira... Iso merecía unha denuncia.
CARLOS REY
Comentarios (8) - Categoría: ACTIVIDADES DO CENTRO - Publicado o 10-03-2009 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
AS NOSAS AVOAS
O alumnado de 3º de ESO celebrou o día 8 de marzo falando coas súas avoas e lembrando como foron as súas vidas. Para que as coñezades un pouquiño, presentámosvos a continuación algúns fragmentos interesantes.

A miña avoa Virtuosa viviu na Illa de Ons dende que naceu até os 32 anos, que veu vivir para Bueu. Traballaba nas veigas co arado, sementando millo, patacas? Tiñan vacas para traballar nas veigas, ían buscar carromeiros para botar a secar e así poderllos vender a un señor que ía á Illa a mercalos. Ían ó mexillón e ós percebes.
ANA MARÍA MALVIDO (3º ESO-A)


A miña avoa Concha naceu en xuño de 1923 en Cantodarea (Marín). Con catorce anos tivo que deixar a escola e voltar á casa para axudar a súa nai na lonxa. Traballou moi duro durante varios anos na lonxa e despois de redeira.
Vivía coa súa nai, coa súa tía viúva e con dous curmáns pequenos que ela se encargaba de coidar.
LAURA MORA CAZORRO (3º ESO-A)


A miña avoa Virtuosa empezou a traballar con 12 anos na fábrica de Alonso en Bueu. Cando xa tiña 16 traballou de criada nun caserío en Cangas. Cando casou comezou a traballar de repartidora de pan e tiña que levalo nun capacho na cabeza polo Enleito, O Valado, A Portela, Meiro e Hermelo. Todo isto facíao andando.
ADRIÁN FERRER REBOIRAS (3º ESO-A)


A miña avoa Luz María é de Marín e ten 76 anos. Aos catro anos quedou orfa de pai e tivo que abandonar a súa casa e foi vivir ao soto da súa avoa. Durmían no medio da leña, sen luz. Alumeábanse cunha cuncha de vieira á cal lle engadían aceite de peixe, enroscábanlle un trapo e prendíanlle lume.
Á idade de 8 anos comezou a ir polas aldeas vendendo peixe e aos once entrou a traballar nunha fábrica chamada Universal Conserveira. Traballaba fóra e dentro da casa. Ía ao monrte a buscar leña para cociñar, tiña que ir ao río a lavar e á fonte a coller auga cun balde e se non lle daba tempo polo día facíao pola noite.
YASMINA VIDAL PÉREZ (3º ESO-B)

A miña avoa chámase María do Carme e teN 70 anos. Estivo na Illa ata os 17 anos, alí traballaba co gando. Tiñan dúas vacas e dous bois, como era ela a máis pequena non podía traballar noutra cousa. Tiña que levar todas as tardes o gando a pacer, recollía a casa, xa que non había ninguén para facelo, e dáballe de comer ó can.
Aos 17 anos foi para Montevideo, alí trabalaba nunha casa, limpándoa e coidando os nenos pequenos.
JUANJO FREIRE CAL (3º ESO-A)

A miña avoa naceu no ano 1932 en Arazuri, Navarra. Ós 6 ou 7 anos foi vivir co seu pai a Pasaia (País Vasco). Alí empezou a traballar na casa duns feirantes, que pasaban ao redor de 6 meses alí e o resto do tempo pasábano por España adiante. Mentres, a miña avoa, con 12 ou 13 anos, traballaba coidando nenos e ás veces a veciña chamábaa para limpar as escaleiras por 1´25 pesetas. Aos 14 anos ía cos feirantes por España, traballando nas casetas, e seguiu así ata que casou.
AINOA CENDÓN (3º ESO-A)

A miña avoa traballou na fábrica de Massó (desde o ano 1962 ó 1973) oito horas ó día en inverno e no verán dez ou doce horas; limpando o peixe, engrellándoo para cocer, enlatándoo e tamén levaba a contabilidade. Cando empezou pagábanlle 60 pesetas ó día.
LETICIA FERNÁNDEZ HERMIDA (3º ESO-B)

A miña avoa chámase Rosa Pereira, aínda que a coñecen por Rosita. O seu primeiro emprego foi de costureira aos doce anos, a esa idade xa deixara a escola. O seu segundo emprego foi de empregada do fogar cando marchou a Uruguai con dezasete anos.
SERGIO PORTELA GARCÍA (3º ESO-A)



Comentarios (2) - Categoría: TRABALLOS - Publicado o 09-03-2009 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TEMPOS AQUELES (III)!
Ola detectives!
Aí vos vai outra mociña para ver se dades con ela. Estade tod@s atent@s, que seguro que a coñecedes na ESO, no Bacharelato e en PCPI.
Comentarios (9) - Categoría: QUE TEMPOS AQUELES! - Publicado o 02-03-2009 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
EDUARDO BLANCO AMOR
EDUARDO BLANCO AMOR
Eduardo Blanco Amor (1897-1979), escritor que escribiu tanto en galego como en castelán.
Naceu en Ourense e ós dezasete anos emigrou a Arxentina, onde se fixo xornalista e tras estudar na universidade foi mestre de Lingua galega na Universidade Nacional de Bos Aires. Dirixiu varias revistas, entre elas a da Federación de sociedades galegas, e tamén o Teatro Español de Cámara de Bos Aires. A finais da década de 1960 regresou a Galicia, onde foi elixido membro da Real Academia Galega (en 1970), cargo que ocupou ata súa morte.
A súa obra inscríbese dentro da literatura galega, non só porque empregue esta lingua, senón porque Galicia e os seus referentes son os seus motivos literarios. A súa poesía participa do modernismo e as vangardas do seu tempo, cunha evolución na súa obra semellante á de Valle-Inclán. Pódese ver en Romances galegos (1929), Poema en catro tempos (1931), En soledad amena (1941) e Cancioneiro (1956).
Como dramaturgo, escribiu Farsas para títeres (1973), Teatro pra a xente (1974) e Proceso en Jacubosland. Fantasía xudicial en ningures (1980). As súas novelas ambiéntanse na súa cidade natal con xente humilde en situacións sórdidas, que empregan un galego coloquial que o autor reproduce formalmente, aínda que o elabora literariamente. No fondo de estas obras o que reviven son os mitos e as tradicións precristiáns que viviron en Galicia. En galego publicou: A esmorga (1959), traducida ó castelán polo propio autor como La parranda (1959), que foi levada ó cine en 1976 por Gonzalo Suárez, e Xente ao lonxe (1972), tamén con versión en castelán de Blanco Amor titulada Aquella gente... (1976). En castelán publicou: La catedral y el niño (1956) e Los miedos (1964). En 1962 publica tamén unha colección de contos con versións en ambas linguas, Os biosbardos.
MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ
Comentarios (0) - Categoría: TRABALLOS - Publicado o 02-03-2009 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0